Abrir o menú principal

Cambios

m
Bot: Engado {{Control de autoridades}}; cambios estética
'''Euloxio Rodríguez Ruibal''', nado en [[Ordes]] o [[16 de marzo]] de [[1945]], é un escritor e director [[Galicia|galego]]. Está considerado un dos renovadores do teatro galego.
 
== Traxectoria ==
Comezou a súa actividade teatral no grupo [[Ditea]] en [[1961]], baixo a dirección de [[Agustín Magán]], e fundou o grupo de teatro Obradoiro. Tamén foi animador do equipo de cine Reina Lupa ([[1972]]), co que realizou varias curtametraxes e documentais (''Cuatro por Cuatro'', ''Mesturanza'', ''Holocausto'',...).
 
{{End box}}
 
== Obra ==
Euloxio Rodríguez Ruibal é un dos dramaturgos máis frutíferos en lingua galega. Como acontece con outros autores da [[Nova Dramaturxia Galega]] (e usamos esta terminoloxía seguindo a [[Manuel F. Vieites]] e non a [[Manuel Lourenzo]] e [[Francisco Pillado]]), a súa obra está claramente marcada polo [[teatro épico]] do xermano [[Bertolt Brecht]], utilizando igualmente o recurso do [[efecto de distanciamento]], propio da dramática do alemán. Na obra de Ruibal, pois, como na do resto de autores do [[grupo Abrente]], existe a expresa vontade de conectar co teatro das máis sobranceiras correntes da vangarda europea, sen descoidar a tradición galega. Por isto, achamos na dramática deste autor a influencia de escritores do país, como [[Alfonso Daniel Rodríguez Castelao]] e [[Eduardo Blanco Amor]].
Algunhas das obras obras de creación máis importantes de Euloxio R. Ruibal son as seguintes:
 
=== Teatro ===
[[Ficheiro:Ribadavia.Mostra Internacional de Teatro 2003.Teatro infantil na rúa. Praza Maior.JPG|miniatura|260px|'''E. Ruibal''' foi o primeiro gañador do premio de teatro de [[Ribadavia]].]]
 
* ''Zardigot'' ([[1973]], publicada en [[1974]], [[Editorial Galaxia|Galaxia]]).
* ''O roubo do aparello'' ([[1973]], traducida ao catalán por Jordi Coca co título de ''Un Invent Extraordinari'').
* ''O cabodano'' ([[1975]], publicada en [[1976]], Pico Sacro).
* ''A sonada e proveitosa enchenta do Marqués Ruschetino no derradeiro século da súa vida'' ([[1975]], Pico Sacro).
* ''As falcatrúas do Marqués Patacón'' (versión libre do anónimo medieval ''Le Fairce de Mêtre Pathélen'').
* ''O cabodano. Cousas da morte. A sombra do bon cabaleiro'' ([[1977]], Pico Sacro).
* ''Azos de esguello'' ([[1990]], [[Xerais]]).
* ''Brinquemos ó teatro'' (1990, [[Xunta de Galicia]]). Traducido ao castelán no [[1999]] en Ediciones de la Torre como ''Jugamos a hacer teatro: recursos teatrales''.
* ''Unha macana de dote'' (1990, [[Sotelo Blanco Edicións|Sotelo Blanco]]).
* ''Teatro mínimo'' ([[1991]], Cadernos da Escola Dramática Galega).
* ''O Son da buguina'' (1999, [[Tris Tram]]).
* ''Minimalia. 20 pezas de teatro breve'' ([[2004]] [[Universidade da Coruña]]).
* ''Namberguán: guión de cinema'' ([[2008]], [[Laiovento]]).
* ''Labirinto da memoria: friso contemporáneo'' ([[2010]], [[Toxosoutos]]).
 
=== Narrativa ===
* ''De corpo enteiro'' ([[1994]], Xerais).
* ''A fonte de Ana Manana'' (1994, Castromil).
* ''Casarriba'' ([[2000]], [[Espiral Maior]]).
 
=== Literatura infanto-xuvenil ===
* ''Teatro infantil'' ([[1988]], [[Edicións do Castro]]).
* ''A fantástica viaxe de Sabela'' ([[1992]], Xerais).
* ''Teatro infantil e xuvenil'' (1992, Editorial Compostela).
 
=== Ensaio ===
* ''Compostela na historia'' (2000, [[Edicións A Nosa Terra|A Nosa Terra]]).
* ''Xogo de máscaras: escritos sobre teatro galego'' ([[2003]], Espiral Maior).
* ''Do escénico e o fílmico: notas sobre a linguaxe teatral no cinema contemporáneo'' ([[2006]], Real Academia Galega).
* ''Valle-Inclán e o teatro galego: a recepción da obra dramática de Valle-Inclán na dramaturxia galega ([[1916]]-1973)'' (2006, Tris Tram).
* ''Escena aperta. Escritos sobre teatro'' ([[2009]], Laiovento).
 
=== Poesía ===
* ''Caderno de Ordes'' ([[2012]], Toxosoutos).
 
=== Obras colectivas ===
* ''Homenaxe a [[Luís Seoane]]'' ([[1977]]).
* ''Polos camiños da literatura: escritores galegos do [[PEN Clube de Galicia|PEN]]'' (1993, Xunta de Galicia/PEN Clube).
* ''Tentativas sobre [[Rafael Dieste|Dieste]]'' (1995, Sotelo Blanco).
* ''Unha liña no ceo (58 narradores galegos [[1979]]-[[1996]])'' (1996, Xerais).
* ''Maremia'', ''O circo da medianoite'', de [[Manuel Lourenzo]] e ''[[As actas escuras]]'', de [[Roberto Vidal Bolaño]] (1997,[[AS-PG]]/A Nosa Terra).
* ''Poetas e narradores nas súas voces. Vol 2'' ([[2006]], [[Consello da Cultura Galega]]).
 
Destaca na obra de Ruibal un gran número de textos dramáticos de curta extensión.
 
== Premios ==
* Premio Abrente de teatro en 1973, por ''Zardigot''.
* Premio Abrente de teatro en 1975, por ''O cabodano''.
* Gañador da primeira edición do Concurso de Teatro Infantil [[Agrupación Cultural O Facho|O Facho]] no 1974, por ''O roubo do espello''.
* [[Premio Álvaro Cunqueiro]] no 1989, por ''Azos de esguello''.
* Premio Valle-Inclán da [[Deputación de Pontevedra]] no [[2005]], por ''Valle-Inclán e o teatro galego: a recepción da obra dramática de Valle-Inclán na dramaturxia galega (1916-1973)''.
 
== Véxase tamén ==
=== Ligazóns externas ===
* [http://www.aelg.org/Centrodoc/GetAuthorById.do?id=autor173 Ficha do autor] na [[AELG]]
* [https://sites.google.com/a/iesgarciabarros.org/literatura-galega-do-s/entrevistas-12-13/euloxiorruibal Entrevista de Literatura Galega do S.XX do alumnado do IES Manuel García Barros]
 
=== Bibliografía ===
* ''Teatro, cerimonia e xogo: a traxectoria teatral, literaria e cinematográfica de Euloxio R. Ruibal''. Anxo Abuín. [[2001]]. [[Editorial Tris Tram]].
 
{{ORDENAR:Ruibal, Euloxio R.}}
{{Control de autoridades}}
 
[[Categoría:Membros da Real Academia Galega]]
381.175

edicións