Eduardo Mendoza: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
modelo escritor
m Bot: Engado {{Control de autoridades}}; cambios estética
Liña 20:
'''Eduardo Mendoza Garriga''', nado en [[Barcelona]] o [[11 de xaneiro]] de [[1943]], é un escritor en lingua castelá e catalá. As súas principais obras son ''[[La verdad sobre el caso Savolta]]'' ([[1975]]) e ''[[La ciudad de los prodigios]]'' ([[1986]]).
 
== Traxectoria ==
De pai fiscal e nai ama de casa, estudou nos [[Maristas]], para logo cursar a carreira de [[Dereito]], que rematou en [[1965]]. En [[1966]] viaxou a Londres cunha bolsa de estudos, volvendo á súa cidade natal para exercer a [[avogacía]]. No [[1973]] abandonou Barcelona para marchar a [[New York]] como [[Tradución|tradutor]] da [[ONU]]. Regresou á cidade condal en [[1982]], aínda que ausentándose dela frecuentemente debido ás súas constantes viaxes. En Barcelona segue residindo actualmente. A súa dona, a actriz [[Rosa Novell]], faleceu en [[2015]].
 
=== Literatura ===
Deuse a coñecer en 1975 coa novela ''[[La verdad sobre el caso Savolta]]'', [[censura]]da inicialmente polo [[franquismo]]. A obra recibiu un aplauso unánime da crítica. Recolle as lembranzas de Javier Miranda, espectador das tensións sociais que acontecen na Barcelona dos anos [[1917]] a [[1919]]. Eduardo Mendoza combina as peripecias individuais e os acontecementos colectivos, con certos trazos de novela histórica. Mais, por embaixo dos sucesos, percíbese unha reflexión sobre o lugar e as actitudes do home no mundo que o arrodea, situándose tal reflexión tanto nun plano social e político, coma nun plano existencial. Todo isto cunha notable variedade de técnicas estruturais e estilísticas.
 
Introduciuse na [[novela negra]] con toques humorísticos coas súas dúas seguintes obras, ''[[El misterio de la cripta embrujada]]'' ([[1979]]) e ''[[El laberinto de las aceitunas]]'' ([[1982]]), para logo escribir a que moitos consideran a súa obra mestra: ''[[La ciudad de los prodigios]]'' (1986). Narra a chegada á Barcelona de [[1887]] dun campesiño arruinado, Onofre Bouvila, que atopa traballo como repartidor de propaganda [[anarquismo|anarquista]] entre os obreiros que traballan na [[Exposición Universal]] do ano seguinte.
Liña 30:
Nos anos noventa inicia con ''Restauració'' ([[1990]]), a súa liña de escribir teatro en catalán, que posteriormente el mesmo traduce ao castelán, e novela en castelán, que mantén hoxe en día.
 
== Obra ==
=== Narrativa ===
* ''[[La verdad sobre el caso Savolta]]'' (1975). [[Premio da Crítica de narrativa castelá]].
* ''[[El misterio de la cripta embrujada]]'' (1979)
* ''[[El laberinto de las aceitunas]]'' (1982)
* ''[[La ciudad de los prodigios]]'' (1986)
* ''[[La isla inaudita]]'' (1989)
* ''[[Sen novas de Gurb]]'' (''Sin noticias de Gurb'', 1990)
* ''[[El año del diluvio]]'' (1992)
* ''[[Una comedia ligera]]'' (1996)
* ''[[El último trayecto de Horacio Dos]]'' (2001)
* ''[[La aventura del tocador de señoras]]'' (2001)
* ''[[Mauricio o las elecciones primarias]]'' (2006)
* ''[[El asombroso viaje de Pomponio Flato]]'' (2008)
* ''[[Tres vidas de santos]]'' (2009)
* ''[[El enredo de la bolsa y la vida]]'' (2012)
 
=== Teatro ===
* ''Restauració'' (1990)
* ''Gloria'' (2008)
 
=== Ensaio ===
* ''Nueva York'' (1986)
* ''Barcelona modernista'' (1989)
* ''Baroja, la contradicción'' (2001)
* ''¿Quién se acuerda de Armando Palacio Valdés?'' (2007)
 
== Véxase tamén ==
=== Bibliografía ===
* Lázaro, F. e Tusón, V. (1982). ''Literatura española''. Ed. Anaya.
 
=== Ligazóns externas ===
* [http://www.escuelai.com/spanish_culture/literatura/eduardomendoza-biografia.html Biografía e obra de Eduardo Mendoza]
* [http://www.clubcultura.com/clubliteratura/clubescritores/mendoza/ Páxina oficial de Eduardo Mendoza].
 
{{ORDENAR:Mendoza, Eduardo}}
{{Control de autoridades}}
 
[[Categoría:Escritores de Cataluña]]
[[Categoría:Escritores en lingua castelá]]