Áiax o Grande: Diferenzas entre revisións
Contido eliminado Contido engadido
mSen resumo de edición |
mSen resumo de edición |
||
Liña 6:
Pelexou na guerra con coraxe e destreza e [[suicidio|suicidouse]] logo de tolear porque os gregos lle negaron as armas do seu querido curmán, Aquiles.
Na ''[[Ilíada]]'' de [[Homero]] é descrito como un guerreiro de gran estatura e forza colosal, teimudo e de inmenso escudo que por si mesmo é un antemural das [[Falanxe (infantaría)|falanxes]]
Durante a guerra de [[Troia]] loitou contra [[Heitor]] en dúas ocasións. A primeira foi nun duelo que durou todo un día sen que houbese vencedor. A segunda foi durante unha incursión dos troianos no campamento dos aqueos, onde ambos pelexaron nos barcos gregos. Áiax case matou a Héctor arrebolándolle unha pedra meirande que o propio príncipe troiano. Ámbolos dous encontros tiveron lugar cando Aquiles abandonara o campo de batalla debido ó seu enfado con [[Agamenón]].
|