Diferenzas entre revisións de «Alfred Russel Wallace»

m
Wallace naceu no seo dunha familia acomodada. Aínda que puido asistir a unha boa escola na infancia, de seguida tivo que traballar para axudar á súa familia. Inicialmente traballou coma supervisor topográfico, labor que lle permitía o contacto coa natureza. Iniciando así o seu interese pola botánica. Ademais completaba a súa formación por medio da lectura autodidacta.
 
Wallace foi un naturalista viaxeiro, como moitos na súa época. Na súa primeira viaxe acompañou ao seu coñecido [[Henry Walter Bates|Henry Bates]] á [[Amazonia]]. Henry Bates era un afeccionado á [[entomoloxía]], e coñeceu a Wallace no 1844, cando se trasladara a [[Leicester]] para traballar coma profesor. Ambos viron a oportunidade de gañarse a vida mediante a venda de animais e plantas a institucións e coleccións privadas da época. Así no 1848 iniciaron o seu percorrido por [[Sudamerica]], percorrendo o [[Río Amazonas]] e o [[Río Negro, río Amazonas|Río Negro]]. Simultaneamente comezaba as súas observacións e traballos coma naturalista.
 
Entre 1854 e 1862, época do achado da selección natural, viaxou por [[Insulindia]] (o [[arquipélago malaio]]) recollendo espécimes. Wallace recolleu as súas experiencias no libro ''[[The Malay Archipelago]]''<ref>{{Cita libro | nome = Alfred Russel | apelidos = Wallace | ligazónautor = Alfred Russel Wallace | título = The Malay Archipelago | trad_título = O Arquipélago Malaio | url = http://books.google.com.bd/books?id=geEBAAAAMAAJ&pg=PR11&dq=The+Malay+Archipelago&redir_esc=y | dataacceso = 31 de maio de 2013 | ano = 1869 | editor = Harper and Brothers, Publishers | localización = New York | lingua = inglés }}</ref><ref>{{Cita web|título = Wallace Online|url = http://wallace-online.org/thumbnails/MalayArchipelago_illustrations.html|páxina-web = wallace-online.org|data-acceso = 2015-11-24}}</ref>, publicado en [[1869]]. Unha achega sinalada e duradeira deste período é o estabelecemento da que logo se coñeceu como [[liña de Wallace]], un límite bioxeográfico moi preciso que separa as rexións bioxeográficas Australiana e Oriental asiática, moi diferenciadas, e que pasa entre as [[illas da Sonda]], [[Papúa Nova Guinea|Nova Guinea]] e as [[Célebes]], por unha banda, e [[Xava]], [[Borneo]] e [[Filipinas]] por outra. Wallace é considerado xustificadamente, como un dos principais fundadores da [[Bioxeografía]].
19.690

edicións