Diferenzas entre revisións de «Enuma Elish»

m
Bot: Engado {{Control de autoridades}}; cambios estética
(*ubicación -> localización)
m (Bot: Engado {{Control de autoridades}}; cambios estética)
O '''Enuma Elish''' é un poema [[Babilonia|babilónico]] que relata a creación do mundo. Consta de sete taboíñas que conteñen cada unha delas entre 115 e 170 liñas de [[escrita cuneiforme]] en [[lingua acadia]] escritas cara ao 1.200 a. C. Foron achadas entre as ruinas da biblioteca do rei [[Asurbanipal]] en [[Nínive]] (669 a. C. - 627 a. C.).
 
== Contido ==
''Enuma elish'' son as dúas primeiras palabras coas que dá comezo o poema e que en acadio significan ''cando no alto''. Reflicte a loita entre a Orde, personificada no deus [[Marduk]] e o Caos, representada na deusa [[Tiamat]], narrando o nacemento dos deuses e a creación do universo, así coma os inicios dos humanos na Terra. Cómpre enmarcar o poema no contexto da relevancia adquirida por Marduk como deus principal de Babilonia, constituíndo o poema unha exaltación da figura deste deus levada a cabo por escribas babilonios.
 
Na honra de Marduk edificouse en Babilonia o ''Etenemanki'', [[zigurat]] de sete pisos de altura do que só se conserva a localización e que quizais se corresponda coa sonada [[Torre de Babel]].
 
== Véxase tamén ==
=== Ligazóns externas ===
* [http://www.bloganavazquez.com/2009/09/22/enuma-elish/ ''Enuma elish''], blogue da Doutora en Historia Ana María Vázquez Hoys {{es}}.
* [http://www.ancient.eu.com/article/225/ O Enuma Elish na ''Ancient Enciclopedia History''] {{en}}.
{{Control de autoridades}}
 
[[Categoría:Mitoloxía mesopotámica]]
393.002

edicións