Diferenzas entre revisións de «Tulkas»

m
Bot: Engado {{Control de autoridades}}; cambios estética
m (Bot: Retiro 11 ligazóns interlingüísticas, proporcionadas agora polo Wikidata en d:q80297)
m (Bot: Engado {{Control de autoridades}}; cambios estética)
'''Tulkas''' é un personaxe ficticio do ''[[legendarium]]'' de [[J. R. R. Tolkien]], que aparece na súa obra ''[[O Silmarillion]]''. É un dos [[Valar]], os seres anxelicais que custodian e gobernan [[Arda]] (o mundo no universo de Tolkien). Tamén se lle coñece polo alcume ''Astaldo'', que significa ''o Valente''.
 
== Personaxe ==
Tulkas é descrito como un home de cabelo e barba dourados e cute rubio, que non precisa de cabalo, xa que é incansábel e corre máis rápido ca ningún outro ser<ref>J.R.R. Tolkien (1977), Christopher Tolkien (ed.) The Silmarillion, Allen & Unwin, Suffolk ISBN 00482313980-04-823139-8, "Valaquenta", páx. 31</ref>. Non lle interesan nin o futuro nin o pasado, e é o máis guerreiro dos Valar. Foi o último deles en descender a Arda para axudar aos demais na guerra que estaban a librar contra [[Melkor]], o Vala maligno. Melkor fuxiu ante a súa chegada, co que comezou a [[Primavera de Arda]].
 
Logo da creación das [[Anos das Lámpadas|Dúas Lámpadas]] e de que os Valar estabelecesen a súa primeira morada en [[Almaren]], Tulkas casou con [[Nessa]] durante un grande banquete disposto por [[Manwë]]. Despois adormeceu, momento que aproveitou Melkor para entrar na [[Terra Media]] sen ser visto<ref>J.R.R. Tolkien (1977), Christopher Tolkien (ed.) The Silmarillion, Allen & Unwin, Suffolk ISBN 00482313980-04-823139-8, "Quenta Silmarillion", páx. 40</ref>.
 
De Tulkas dise que goza coa loita, usando só as súas mans como armas, e cos concursos de forza; que tarda en anoxarse mais que tamén tarda en perdoar; por iso foi un dos Valar que se opuxo á liberación de Melkor do seu presidio logo de este tentar conquistar o mundo. Dise tamén que aínda que non resulta útil como conselleiro, é un amigo rexo.
 
== Notas ==
{{Listaref}}
 
 
{{Ainur}}
{{Control de autoridades}}
 
[[Categoría:Valar]]
393.002

edicións