Oromë: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Addbot (conversa | contribucións)
m Bot: Retiro 16 ligazóns interlingüísticas, proporcionadas agora polo Wikidata en d:q78555
m Bot: Engado {{Control de autoridades}}; cambios estética
Liña 1:
'''Oromë''' é un personaxe ficticio do ''[[legendarium]]'' de [[J. R. R. Tolkien]], que aparece na súa obra [[O Silmarillion]]. É un dos [[Valar]], os seres anxelicais que custodian e gobernan [[Arda]] (o mundo no universo de Tolkien).
 
O seu nome quere dicir "Toque de corno" ou "Son de cornos"<ref>J.R.R. Tolkien (1977), Christopher Tolkien (ed.) The Silmarillion, Allen & Unwin, Suffolk ISBN 00482313980-04-823139-8, Index, páx. 391</ref>. Tamén é coñecido como ''Araw'' na linga ficticia do [[Sindarin]], ''Aldaron'' ("Señor das Árbores" en [[Quenya]]), ''Arum'', ''Béma'', ''Tauron'' ("Señor dos Bosques" en Sindarin), ''Arāmē'', ''Araume'', ''O Cazador dos Valar'', e ''O Gran Xinete''. É o irmán de [[Nessa]] e o esposo de [[Vána]].
 
Durante os [[Anos das Árbores]], cando a maioría dos Valar marcharon da Terra Media para se ocultar en [[Aman]], Oromë seguiu a cazar de cando en vez nas fragas da Terra Media. Así, atopou os [[Elfo]]s logo de estes espertaren en Cuiviénen (aínda que [[Melkor]], o Vala maligno, descubríraos antes ca el), e foi o primeiro en darlles o nome de [[Eldar]]. Foi tamén quen levou consigo a tres deles para [[Valinor]]. Sendo un poderoso cazador, desempeñou un papel activo nas loitas contra Melkor.
 
Posuía un grande corno (o ''Valaróma'') e un grande cabalo (''Nahar'' ou ''Nækhærra'')<ref>J.R.R. Tolkien (1977), Christopher Tolkien (ed.) The Silmarillion, Allen & Unwin, Suffolk ISBN 00482313980-04-823139-8, "Valaquenta", páx. 31-32</ref>. Era célebre pola súa carraxe, a máis terríbel entre os Valar. Oromë é un dos Aratar, Os Altos de Arda, os oito Valar máis poderosos, o que significa que o seu poder é moito maior ca o doutros espíritos anxelicais como os [[Maiar]], e mesmo ca o da súa esposa e o da súa irmá.
 
== Notas ==
{{Listaref}}
 
{{Ainur}}
{{Control de autoridades}}
 
[[Categoría:Valar]]