Manwë: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Addbot (conversa | contribucións)
m Bot: Retiro 22 ligazóns interlingüísticas, proporcionadas agora polo Wikidata en d:q78507
m Bot: Engado {{Control de autoridades}}; cambios estética
Liña 1:
[[Ficheiro:Manwë en Tengwar Quenya.jpg|miniatura|200|Manwë escrito en Tengwar Quenya]]'''Manwë''' é un personaxe ficticio do ''[[legendarium]]'' de [[J. R. R. Tolkien]], que aparece na súa obra [[O Silmarillion]]. É un dos [[Valar]], os seres anxelicais que custodian e gobernan [[Arda]] (o mundo no universo de Tolkien). Manwë ocupa o primeiro lugar entre os [[Aratar]], os oito Valar de maior poder. O seu nome quere dicir ''O Abeizoado''
 
== Personaxe ==
Manwë é o irmán menor de [[Melkor]] na concepción de [[Eru Ilúvatar|Eru]], que lle concedeu o maior poder e autoridade sobre Arda, converténdoo no seu representante. A súa esposa é [[Varda]], coa que vive nas súas mansións, no alto de [[Taniquetil]], a montaña máis alta de Arda, en [[Valinor]].
 
É o ''Señor do Vento'' e o ''Primeiro Rei''. Arda é o seu dominio, pero o seu principal amor é o elemento do aire, e por iso chámaselle '''Súlimo''', ''Señor do alento de Arda''<ref>J.R.R. Tolkien (1977), Christopher Tolkien (ed.), The Silmarillion, Allen & Unwin, Suffolk ISBN 00482313980-04-823139-8, "Valaquenta", páx. 28</ref>; outros dos seus sobrenomes son o ''Alto Rei de Arda'' e o ''Señor do Oeste''. As aguias son as súas mensaxeiras e o [[Maiar|Maia]] [[Eonwë]] é o seu heraldo.
 
Cando Melkor creou a disonancia durante a [[Ainulindalë|Música dos Ainur]], Manwë substituíuno como director da canción<ref>J.R.R. Tolkien (1977), Christopher Tolkien (ed.), The Silmarillion, Allen & Unwin, Suffolk ISBN 00482313980-04-823139-8, "Ainulindalë", páx. 21</ref>. Após a formación de Arda, Manwë exerceu o seu cargo de gobernante de maneira bondadosa e compasiva, indiferente ao seu propio poder. Porén, non comprendía o mal, nin sequera na forma do seu propio irmán. Así, cando Melkor cumpriu a súa condena de tres idades á que fora sometido logo da Guerra dos Poderes<ref>Véxase o artigo [[Anos das Árbores]]</ref>, liberouno sen sospeitar dos seus plans. Isto permitiu a Melkor sementar a desconfianza no corazón de [[Fëanor]], envelenar as [[Dúas Árbores de Valinor]], asasinar a [[Finwë]], roubar os [[Silmaril]]s e incitar a revolta dos elfos [[Noldor]]. Para alentar aos [[Eldar]], Manwë fixo que [[Aulë]] crease os barcos que carrexarían o [[Sol]] e a [[Lúa]], sabedor da inminente chegada dos [[Home (Terra Media)|HomeHomes]]s, e enviou a [[Thorondor]] e as demais aguias para vixialos.
 
Após a [[Guerra da Cólera]], da que saíu derrotado Melkor (agora chamado Morgoth), Manwë expulsouno ao baleiro, fóra de Arda. Segundo a profecía de [[Mandos]], na [[Dagor Dagorath|Batalla Final]], cando Morgoth e o seu fiel aliado [[Sauron]] escapen, Manwë e os dous Señores Escuros enfrontaranse nas Chairas de Valinor, mais nin o Vala nin o Señor Escuro resultarán mortos, e será o Home [[Túrin Turambar]] quen acabe con Morgoth.
 
== Notas e referencias ==
{{Listaref}}
 
{{Ainur}}
{{Control de autoridades}}
 
[[Categoría:Valar]]