Orco (Terra Media): Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Breogan2008 (conversa | contribucións)
Sen resumo de edición
m Bot: Engado {{Control de autoridades}}; cambios estética
Liña 3:
[[Ficheiro:Orque-Terre du Milieu.jpg|miniatura|dereita|250px|Orco de [[Mordor]].]]
 
O '''orco''' é unha raza antropomorfa de costumes brutais creada pola imaxinación de [[J.R.R. Tolkien]] dentro da súa obra de fantasía sobre a [[Terra Media]], que inclúe ''[[O Hobbit]]'' e ''[[O Señor dos Aneis]]''. Fóra deste mundo imaxinario, o orco é unha criatura fantástica moi frecuente en relatos de fantasía épica.
 
== Características ==
Hai varias versións dentro da propia mitoloxía tolkieniana en relación coa orixe concreta dos Orcos.
 
* Unha delas baséase na crenza dos propios ''[[elfo]]s'' de que os Orcos eran unha parte dos ''Avari'' ou ''Elfos Renuentes'' (aqueles que non quixeran facer a Grande Viaxe), que se volveran salvaxes e malvados nas súas terras.
 
* A outra, segundo se nos conta no ''[[Silmarillion]]'', narra que nos primeiros tempos da ''Terra Media'', tempos en que o malvado [[Melkor]] xa estaba enfrontado ó resto dos ''[[Valar]]'', moitos elfos que se afastaban sós dos seus dominios eran raptados por ''Melkor'', que os mantiña cativos e escravizados, para ilos corrompendo coa súa crueldade. Estes seres, contrariamente a moitas das creacións de Melkor, tiñan vida propia e reproducíanse á imaxe do resto do fillos de ''[[Ilúvatar]]''.
 
Así se creou, disque, a raza dos orcos, unha raza que non era máis ca unha imaxe distorsionada dos propios elfos, nacida do odio e a envexa que Melkor lles tiña a eles.
{{Control de autoridades}}
 
[[Categoría:Razas de Arda]]