Nazgûl: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Lameiro (conversa | contribucións)
corrixo *descriptivo e outros
m Bot: Engado {{Control de autoridades}}; cambios estética
Liña 20:
No [[legendarium]] de [[J. R. R. Tolkien]], os '''Nazgûl''' (da [[lingua negra]] ''nazg'', "anel", e ''gûl'', "espectro, espírito"; tamén chamados '''Espectros do Anel''', '''Xinetes Negros''', '''Xinetes Escuros''', os '''Nove Xinetes''', ou sinxelamente '''Xinetes''' ou os '''Nove''') son nove reis humanos non-mortos que sucumbiron ao poder de [[Sauron]] por mor da súa cobiza, e acadaron a [[inmortalidade]] na forma de espectros atados ao poder do [[Anel Único]], como servos do Inimigo. Aparecen por primeira vez no seu libro ''[[O Señor dos Aneis]]'', publicado entre [[1954]] e [[1955]]. O libro refírese aos Nazgûl como "os servos máis terríbeis" de Sauron.
 
== Aparicións ==
=== Literatura ===
Os nove Nazgûl xurdiron como os servos máis poderosos de Sauron na [[Segunda Idade]] da Terra Media. Dise que tres dos Nove foran orixinalmente "grandes señores" de [[Númenor]]. Todos foran [[Home (Terra Media)|HomeHomes]]s mortais, a cada un dos cales Sauron dera un dos [[Aneis de Poder]] forxados para os Homes. O propósito de Sauron era controlar os Nove Aneis mediante o poder do seu Anel Único, forxado en segredo a tal fin. Isto acabaría sendo a súa perdición:
 
{{Cita|'' "Aqueles que usaron os Nove Aneis tornáronse poderosos no seu tempo, reis, feiticeiros e guerreiros de antano. Obtiveron gloria e grandes riquezas, mais resultou na súa ruína. Gozaban, segundo semellaba, da vida eterna, e porén a vida facíaselles insoportábel. Podían, de o desexaren, camiñar sen ser vistos por ningún ollo baixo o sol, e podían ver cousas en mundos invisíbeis para os homes mortais; mais demasiado a miúdo contemplaban só as pantasmas e ilusións de Sauron. E un a un, antes ou despois, dependendo da súa forza innata e da bondade ou maldade das súas vontades no inicio, caeron baixo a escravitude do anel que portaban e da dominación do Único que era o de Sauron. E tornáronse para sempre invisíbeis agás para el, que levaba o Anel Dominante, e adentráronse na esfera das sombras. Eran os Nazgûl, os Espectros do Anel, os servos máis terríbeis do Inimigo; a escuridade acompañábaos, e os seus berros eran as voces da morte" ''
<ref>Tolkien, J.R.R. (1978),The Silmarillion: George Allen & Unwin, Suffolk, "Of the Rings of Power and the Third Age", páx 346, ISBN 06181269880-618-12698-8</ref>.}}
 
{{panorama|One Ring inscription.svg|600px|<center>Reconstrución da inscrición orixinal do [[Anel Único]], en [[lingua negra]] escrita con caracteres [[tengwar]]}}
O efecto corruptor dos Aneis prolongou a súa vida moi alén dos seus anos mortais, mentres as súas formas corpóreas se esvaecían co tempo até se volver completamente invisíbeis aos ollos dos mortais. Presentaban unha forma visíbel só por medio do seu atavío negro exterior. O reflexo vermello dos seus ollos podía apreciarse mesmo á luz do día, e ao se enfureceren aparecían envoltos nun lume infernal. Contaban con multitude de armas; n'''[[A Irmandade do Anel]]'' portaban espadas de aceiro, e o seu líder, o [[Rei Bruxo de Angmar]], esgrimía un coitelo con propiedades máxicas malignas. Máis adiante, durante a [[Batalla dos Campos de Pelennor]], levaba unha "espada longa e pálida"<ref>Tolkien, J.R.R. (2002), ''O Regreso do Rei. ''Edicións Xerais de Galicia, Vigo, "''O asedio de Gondor''", páx. 118, ISBN 84-8302-916-2</ref> que inspiraba terror nos corazóns dos defensores de [[Minas Tirith]], e logo de chegaren os [[Rohirrim]] brandiu unha maza nun duelo contra [[Éowyn]].
 
Con todo, o seu letal arsenal non se limitaba só ás armas físicas: rodeábaos constantemente unha aura de terror que afectaba todas as criaturas viventes agás as máis poderosas. O seu alento (chamado o Alento Negro) era velenoso, e os seus efectos, tamén coñecidos como a Sombra Negra, contraíanse por exposición a el. As vítimas podían sufrir unha profunda desesperación, inconsciencia, pesadelos e mesmo a morte. Porén, a herba ''[[athelas]]'' podía ser usada para contrarrestar os efectos. As vítimas máis célebres do Alento Negro foron [[Faramir]], [[Éowyn]], e [[Meriadoc Brandigamo|Merri]], que foron sandados por [[Aragorn]] durante a [[Guerra do Anel]].
Liña 50:
Os outros oito Espectros do Anel atacaron ao Exército do Oeste montados sobre as súas bestas crueis durante a derradeira batalla librada fronte á [[Porta Negra (Terra Media)|Porta Negra]]. Porén, cando Frodo puxo o Anel, nos lumes do [[Monte do Destino]], Sauron ordenoulles ir alí e detelo. Chegaron tarde de máis, cando o Anel xa caía cara ao lume. No preciso momento da destrución do Anel os restantes Nazgûl foron destruídos.
 
=== Adaptacións ===
 
Os Nazgûl aparecen en todas as adaptacións d'''O Señor dos Aneis'' feitas para a radio, o cinema e o teatro.
Liña 58:
Na Triloxía cinematográfica d'''O Señor dos Aneis'' de [[2001]]-[[2003]] de [[Peter Jackson]], os Nazgûl tamén asaltan a pousada eles mesmos. Faise fincapé nos seus fortes chíos, intensificados até resultar enxordecedores, e amplíase o uso que fan das bestas crueis na batalla, especialmente no asedio a Minas Tirith, onde destrúen varias catapultas e matan moitos soldados. Os alaridos dos Nazgûl que se ouven nos filmes de Peter Jackson son unha mestura dos da súa esposa e co-guionista, [[Fran Walsh]].
 
== Nomes, títulos e termos ==
O nome en [[Quenya]] para os Nazgûl, raramente usado, é '''Úlairi'''; a partir del, pode conxecturarse que o termo [[Sindarin]] é '''Ulaer'''.
 
Liña 65:
Na obra de Tolkien, só uns poucos dos Nazgûl son chamados polo seu nome ou identificados individualmente. O seu líder era o [[Rei Bruxo de Angmar]], e o segundo ao mando chamábase [[Khamûl]], o "Home negro do Leste" ou a "sombra do Leste". Tolkien afirmou que tres deles foran grandes señores dos [[Númenoriano]]s. Khamûl fora señor dos [[Homes do Leste]], e é o ''único'' Nazgûl cuxo nome se revela ao lector.
 
A miúdo o termo "Nazgûl" úsase erroneamente para describir as monturas aladas que reciben os Espectros do Anel logo dos seus cabalos afogaren no río Bruinen. Tolkien non lles dá a estas criaturas un nome real nos libros, aínda que usa o termo descritivo "[[besta cruel]]". Á falla dunha denominación mellor, os fans adoptaron este termo.
 
O propio Tolkien utilizaba o termo ''Nazgûl'' de xeito figurado. Nunha carta de [[1945]] dirixida a seu fillo, comparou a súa reacción ante os [[avión]]s da [[Segunda Guerra Mundial]] con como se podería sentir Frodo de ver a outros Hobbits "aprendendo a montar sobre as aves dos Nazgûl." <ref>Carpenter, Humphrey, ed. (1981), The Letters of J. R. R. Tolkien, Boston: Houghton Mifflin, #100, ISBN 0-395-31555-7</ref>
 
== Notas ==
<div class="references-small">
<references />
</div>
{{Control de autoridades}}
 
[[Categoría:Razas de Arda]]