Vélaro de ouro: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Addbot (conversa | contribucións)
m Bot: Retiro 35 ligazóns interlingüísticas, proporcionadas agora polo Wikidata en d:q212262
m Bot: Engado {{Control de autoridades}}
Liña 5:
== Mito ==
Segundo a [[mitoloxía grega]], [[Atamante]], rei da cidade de [[Orcómeno]] en [[Beocia]] (unha rexión do sueste de [[Grecia]]), tomou como primeira esposa á deusa nube Néfele, con quen tivo dous fillos, [[Hele]] e [[Frixo]]. Máis tarde namorouse e casou con [[Ino]], a filla de [[Cadmo]]. Ino tiña celos dos seus fillastros e planeou matalos (nalgunhas versións, persuadiu a Atamante de que sacrificar a Frixo era a única forma de acabar cunha fame negra). Néfele ou o seu espírito apareceuse aos nenos cun carneiro alado cuxa la era de ouro. Os nenos fuxiron montando o carneiro sobre o mar, pero Hele caeu e afogou no estreito hoxe chamado no seu honor [[Helesponto]]. O carneiro levou a Frixo san e salvo ata a [[Cólquida]], á afastada (oriental) praia do [[Mar Negro]]. Frixo sacrificou entón o carneiro e colgou a súa pel dunha árbore (ás veces un carballo) nun arboredo consagrado a Ares, onde foi gardada por un dragón. Alí permaneceu ata que Xasón se fixo con ela ao cabo da célebre viaxe dos Argonautas. O carneiro converteuse na constelación [[Aries]].
{{Control de autoridades}}
 
[[Categoría:Mitoloxía grega]]