Diferenzas entre revisións de «Néstor (mitoloxía)»

m
Bot: Engado {{Control de autoridades}}; cambios estética
m (Bot: Engado {{Control de autoridades}}; cambios estética)
'''Néstor''' (en [[grego antigo]] Νέστωρ ''Néstôr'') era o fillo de [[Neleo]] e [[Cloris]], e rei de [[Pilos]]. Convertiuse en rei logo de que [[Heracles]] matara ó seu pai e a tódolos seus irmáns. Casou con [[Eurídice]] ou [[Anaxibia]], e entre os seus fillos cóntanse [[Perseo]], [[Pisístrato]], [[Trasimedes]], [[Pisídice]], [[Policaste]], [[Estrático]], [[Áreto]], [[Equefrón]] e [[Antíloco]].
 
== Mito ==
Néstor foi un [[argonauta]], loitou contra os [[centauro]]s e participou na caza do [[xabarín de Calidón]]. El e os seus fillos Antíloco e Trasimedes loitaron xunto cos [[aqueos]] na [[Guerra de Troia]]. Aínda que Néstor xa era ancián cando a guerra comezou, contando presuntamente con 110 anos, destacou pola súa bravura e as súas habilidades dialécticas. Na ''[[Ilíada]]'' aconsella acotío ós guerreiros máis novos, e recomenda a [[Agamenón]] e [[Aquiles]] que se reconcilien. Sendo demasiado vello para participar nas batallas, dirixiu ás tropas de Pilos, conducindo o seu carro, sendo un dos seus cabalos morto alcanzado por unha frecha de [[Paris]]. Tamén era dono dun sólido escudo de ouro. [[Homero]] refírese a el frecuentemente co [[epítetos homéricos|epíteto]] «cabaleiro xerenio». Nos xogos funerarios de [[Patroclo]], Néstor aconsellou a Antíloco sobre como gañar na carreira de carros.
 
 
{{Commons|Nestor (mythology)}}
{{Control de autoridades}}
 
[[Categoría:Mitoloxía grega]]
393.002

edicións