Ciclope: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
arranxos
m Bot: Engado {{Control de autoridades}}; cambios estética
Liña 9:
Foron tres: [[Brontes]], [[Estéropes]] e [[Arxes]] (aínda que algunhas fontes cambian a Arxes por [[Acmonides]] ou [[Piracmon]]). Había tamén outros catro chamados [[Eurialo]], [[Elatreo]], [[Traquio]] e [[Halimedes]], que presumibelmente eran fillos dos tres primeiros.
 
Urano temía a súa forza e pechounos no [[Tártaro (mitoloxía)|Tártaro]]. Máis tarde [[Cronos]], outro fillo de Urano e Gaia, liberou os ciclopes, xunto cos [[Hecatónquiros]] e os [[Xigante]]s. Axudáronlle a derrocar e castrar a Urano, mais Crono volveunos a encarcerar en Tártaro, onde permaneceron, gardados por [[Campe]], até que [[Zeus]] os liberou. Forxaron raios para que Zeus os usase como arma e axudáronlle na guerra para derrocar a Cronos e os outros [[Titán (mitoloxía)|TitánTitáns]]s ([[Titanomaquia]]). Os [[Raio (descarga eléctrica)|raios]], que se converteron na arma predilecta de Zeus, foron forxados polos tres ciclopes: Arxes puña o raio, Brontes o trono, e Estéropes o lóstrego.
 
Esta primeira xeración de ciclopes tamén creou un [[tridente]] que producía terremotos para [[Poseidón]], o arco e as frechas de [[Artemisa]], e o casco de invisibilidade que [[Hades]] lle deu a [[Perseo]] na súa procura para matar a [[Medusa (mitoloxía)|Medusa]]. Axudaron a [[Hefestos]] e dise que construíron o primeiro altar, así como as murallas e fortificacións de [[Tirinto]] e [[Micenas]] no [[Peloponeso]], entre outras. Os ruídos que xurdían do corazón dos [[volcán]]s atribuíanse ás súas operacións.
Liña 36:
 
{{Mitoloxía grega}}
{{Control de autoridades}}
 
[[Categoría:Mitoloxía grega]]