Sátiro: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Addbot (conversa | contribucións)
m Bot: Retiro 51 ligazóns interlingüísticas, proporcionadas agora polo Wikidata en d:q163709
m Bot: Engado {{Control de autoridades}}; cambios estética
Liña 4:
Un '''sátiro''' (en [[lingua grega|grego]] Σάτυρος, ''Sátyros'') é unha criatura da [[mitoloxía grega]] na que encarna un espírito ou forza vital da natureza.
 
Os sátiros, relacionados coas [[Ménades]], forman o ''cortexo dionisíaco'' que acompaña ó deus [[Dioniso]]. Poden estar tamén asociados co deus [[Pan (deus)|Pan]].
 
Aparecen representados de diversas formas, aínda que a máis común é a dunha criatura metade [[home]], metade [[cabuxa]] ou [[Ovella|carneiro]], con orellas puntiagudas e cornos na cabeza, abundante velosidade, nariz chato, cauda de cabuxa e unha virilidade descomunal é ás veces en erección. Por veces tamén se representan sátiros femias. Cando van vestidos levan pelicos de animais como a [[pantera]] (atributo do deus Dioniso).
Liña 10:
As representacións [[arte románica|romanas]] confundían ós sátiros cos [[fauno]]s, que adoitaban ter pernas de chivo. A confusión perdurou incluso nas obras de arte contemporáneas, como o "fauno danzante" de Lequesne, que é mais ben un sátiro.
 
As representación aparecen en diversas idades da vida. Os pequenos son chamados ''satyriscoi'' e aparecen como mozos graciosos: o sátiro ''Anapauomenos'' ("en descanso"), atribuído ó escultor [[Praxíteles]] é un bo exemplo. Os sátiros maiores son chamados ''silenos'', polo deus Sileno ou [[Pan (deus)|Pan]], preceptor de Dionisio, é aparecen representados cunha grande fealdade. Adoitan portar copas ou tirsos nas mans, en actitude de bailar coas [[Ninfa (mitoloxía)|ninfaninfas]]s.
 
Criaturas semellantes ós sátiros aparecen noutras mitoloxías, como o ''Leszi'' eslavo, ou a ''carantoña'', que se di habita nos bosques do noroeste da Península Ibérica. Normalmente trátase de criaturas de carácter festivo, burleiro e descarado, amigos da festa e do bo [[viño]], cunha sexualidade promiscua e despreocupada e ás veces incluso violenta. Na mitoloxía cristiá a figura do sátiro foi traspasada ó [[diaño]].
Liña 18:
 
{{mitoloxía grega}}
{{Control de autoridades}}
 
[[Categoría:Mitoloxía cristiá]]