Diferenzas entre revisións de «Mexicas»

m
Bot: Engado {{Control de autoridades}}; cambios estética
m (Bot: Engado {{Control de autoridades}}; cambios estética)
[[Ficheiro:Boturini Codex (folio 4).JPG|miniatura|Imaxe do folio 4 do '''Códice Boturini''' (tira da Peregrinación): ''Huitzilopochtli dilles ós Aztecas que comezarán a chamarse Mexicas.'']]
Os '''Mexicas''', eran unha tribo nómade e atlacachichimeca, é dicir, "pescadores e cazadores", que chegaron a Cuenca de México a finais do século XIII.
 
== A civilización Mexica ==
Non temos moita información do itinerario que seguiron ata chegaren ás inmediacións da actual San Xoán do Río é a súa chegada ó ''[[Val de México]]''. Segundo o Códice Boturini ou “[[:w:es:Tira_de_la_Peregrinaci%C3%B3n|Tira da Peregrinación]]”, cando os Aztecas estaban en Coatepec (''Outeiro da serpe'' en [[Lingua náhuatl|náhuatl]], estaban divididos entre os seguidores de ''Huitzilopochtli'' e outros que seguían a súa irmá ''Coyolxuahqui'', estes últimos querían quedarse alí en vez de seguir en busca da terra prometida por ''Huitzilopochtli''. O punto de partida foi batalla a que gañaron os partidarios de ''Huitzilopochtli'' que continuaron polo sur, separáronse dos outros Aztecas en ''Coatepec''. Por iso cando o deus tutelar ''Huitzilopochtli'' dilles que se separen e empecen a súa peregrinación cara un novo asentamento, deixarían de denominarse ''Aztecas'' (tribo procedente de [[Aztlán]], de alí o seu nome). A partir de entón empezarán a chamarse '''Mexicas''', cousa que fixeron despois de achar os símbolos sagrados segundo a [[Lenda da fundación do Imperio Azteca]]: o deus ''Huitzilopochtli'' ordenáralles que buscasen unha aguia devorando unha serpe, parada sobre un nopal. No lugar onde apareceron eses símbolos fundarían a nova cidade [[Tenochtitlán|''México-Tenochtitlan'']](Tenochtitlan en nahuatl significa "O lugar do catus que pica).
 
Segundo o Dr. Alejandro Villalobos experto da Cidade de México,di que ''Huitzilopochtli'' deu o seu nome ós Aztecas xa que tamén era coñecido como Mexi, polo que Mexica tamén significa "Fillo de Mexi ou Huitzilopochtli". Conforme as ''crónicas de Mexicayotl'', Mexi é un dos nomes dados a ''Huitzilopochtli''.
 
== A cosmogonía Mexica ==
Non só cambiaron o seu nome senón tamén algunhas das súas crenzas. As ideas cosmogónicas dos mexicas explicaban o orixe do mundo e dos homes por medio de ''[[Ometéotl]]'', deidade dobre integrada por ''[[Ometecuhtli]]'' o señor dous e ''[[Omecíhuatl]]'' a señora dous, parella creadora do universo e do xénero humano que radicaba no ''[[Omeyoca]]''; xunto a estas deidades houbo outra parella ''[[Tonacatecuhtli]]'' e ''[[Tonacacíhuatl]]'', señor e señora encargados de alimentar a humanidade; unha terceira parella importante de deuses relacionados coa existencia da humanidade foron ''[[Intonan]]'' e ''[[Intota]]'', madre e pai dos homes.
 
Había outras deidades maiores como ''[[Yohualli]]'' e ''[[Enecatl]]'', o invisible e impalpable; ''[[Moyocoyani]]'' creador de si mesmo; a parella ''[[Tezcatlipoca]]'' e ''[[Tezcatlanextia]]'', que iluminan e escurecen o ceo; ''[[Huehueteoti]]'' o ''[[Xiuhtecuhtli]]'' o vello señor do fogo e da vexetación. Ademais de algunhas deidades menores como ''[[Xochipilli]]'' e ''[[Xochiquetzal]]'' deuses do amor, das flores e da primavera; ''[[Centéotl]]'' e ''[[Xilonen]]'', deuses do millo; ''[[Chalchiutlicue]]'' deusa da auga dos ríos e lagos; ''[[Chicomécoóatl]]'' deusa da fertilidade e a abundancia; así como moitas outras deidades particulares.
 
== Véxase tamén ==
=== Ligazóns externas ===
* Sala da civilización Mexica do Museo Nacional de Antropoloxía de México [http://www.mna.inah.gob.mx/index.php/salas-de-exhibicion/permanentes/arqueologia/mexica.html] {{es}}.
{{Control de autoridades}}
 
[[Categoría:Civilizacións]]
393.002

edicións