Diferenzas entre revisións de «Florín das Antillas Neerlandesas»

m
Bot: Engado {{Control de autoridades}}; cambios estética
m (Bot: Retiro 26 ligazóns interlingüísticas, proporcionadas agora polo Wikidata en d:q522701)
m (Bot: Engado {{Control de autoridades}}; cambios estética)
Anteriormente foi a moeda das [[Antillas Neerlandesas]], un territorio de ultramar do [[Reino dos Países Baixos]].
 
== Historia ==
No [[século XVIII]], o [[florín neerlandés]] circulaba nas Antillas Neerlandesas. Isto cambiou en [[1794]] cando se emitiron moedas específicas para as posesións neerlandesas nas [[Indias|Indias Occidentais]]. Daquela, o ''gulden'' estaba dividido en 20 ''stuiver''.
 
Coa disolución das Antillas Neerlandesas o [[10 de outubro]] de [[2010]], o florín foi reemprazado polo dólar de EE.UU. o [[1 de xaneiro]] de [[2011]] para as illas de [[Bonaire]], [[Saba]] e [[San Eustaquio]] soamente. [[Curaçao]] e [[Sint Maarten]] quedaron co florín das Antillas Neerlandesas como moeda común propia, aínda que vinculado ao dólar.
 
== Moedas ==
 
En [[1794]] emitíronse moedas de prata para o seu uso nas Indias Occidentais Neerlandesas con valores de 2 ''stuiver'', ¼, 1 e 3 floríns. Despois da reintrodución do florín neerlandés en [[1828]], algunhas moedas de 1 florín rebaixáronse a cuartos de florín e se estamparon cun "C", en [[1838]].
En [[1952]] apareceu nas moedas o nome "Nederlandse Antillen". En [[1970]] o níquel reemprazou á prata, aínda que a moeda de 2½ florís non se reintroduciu até [[1978]]. As moedas de 1 e 2½ ''centen'' de aluminio introducíronse en [[1979]]. En [[1989]] seguiron as de 5 ''centen'' de aluminio, as de 10, 25 y 50 ''centen'' de aceiro con aliaxe de níquel e as de 1 y 2½ floríns, seguidas polas de 5 floríns en [[1998]].
 
== Billetes ==
En [[1892]], o ''Curaçaosche Bank'' introduciu billetes con denominacións de 25 e 50 ''centen'', 1 e 2½ florines. Esta foi a única emisión de denominacións en ''centen''. Os billetes de 5, 10, 25, 50, 100, 250 e 500 floríns seguiron a esta emisión en [[1900]]. Os de 1 e 2½ floríns foron suprimidos en [[1920]], pero reintroducidos polo goberno en [[1942]] como ''muntbiljet''.
 
Desde [[1954]] o nome "Nederlandse Antillen" aparece no reverso dos billetes do ''Curaçaosche Bank'' e, desde 1955, os ''muntbiljet'' (só o billete de 2½ floríns) emitíronse tamén con este nome. En [[1962]], o nome do banco cambiouse polo de ''Bank van de Nederlandse Antillen'' (Banco das Antillas Neerlandesas). En [[1970]] fíxose unha emisión derradeira de ''muntbiljet'' posta en circulación con denominacións de 1 e 2½ florines. O billete de 500 ''gulden'' deixou de emitirse en [[1962]].
{{Control de autoridades}}
 
[[Categoría:Moedas americanas]]
393.002

edicións