Dólar canadense: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
m Bot: Engado {{Control de autoridades}}; cambios estética
Liña 2:
O '''dólar canadense''' (en [[Lingua inglesa|inglés]]: ''Canadian dollar'', en [[Lingua francesa|francés]]: ''dollar canadien''; no uso habitual, simplemente ''dollar'') é a [[unidade monetaria]] oficial do [[Canadá]]. Subdívidese en 100 ''cents'' (céntimos). O seu código [[ISO 4217]] é '''CAD'''. O dólar estivo en vigor durante gran parte da historia do Canadá.
 
== Historia ==
O Canadá decidiu usar o dólar en lugar da [[libra esterlina]] [[Reino Unido|británica]] por mor da difusión do chamado ''dólar español'' ou [[peso (moeda)|peso]] en [[Norteamérica]] durante o [[século XVIII]] e principios do [[século XIX|XIX]], e por mor da xeneralización do [[dólar estadounidense]]. A rexión que corresponde ao actual [[Quebec]], en particular, favoreceu o uso do dólar (o Banco de [[Montreal]] emitiu billetes de dólares en [[1817]]), mentres que as colonias atlánticas, que tiñan uns vínculos máis fortes con Gran Bretaña, non eran tan partidarias. As [[Subdivisións do Canadá|provincias]] do Canadá declararon que todas as contas faríanse en dólares o [[1 de xaneiro]] de [[1858]], e ordenaron a emisión dos primeiros dólares canadenses oficiais ese mesmo ano. As colonias, que ao cabo de pouco tempo uniríanse na [[Confederación Canadense]], adoptaron progresivamente un [[sistema decimal]] nos anos seguintes.
 
Finalmente, o goberno aprobou a ''Uniform Currency Act'' (lei de unificación monetaria) en abril de [[1871]], que substituía as moedas das diversas provincias por un dólar canadense común a todas. O [[patrón ouro]] foi abolido definitivamente o [[10 de abril]] de [[1933]].
 
== A moeda canadense ==
Os canadenses usan [[moeda]]s e billetes cunha denominación similar á dos Estados Unidos. De feito, historicamente, os tamaños das moedas inferiores a 50 ''cents'' son case idénticos aos das moedas norteamericanas, debido ao feito de que os dous países usaban o dólar español como base (a pequena diferenza de tamaño nos valores de 10 e 25 cents —as moedas canadenses son un pouco máis pequenas que as estadounidenses— débese a que antigamente as moedas canadenses acuñábanse en prata de 92,5 p. 100 de pureza, e as estadounidenses en prata de 90,0 p. 100).
 
Liña 14:
As moedas de 1$ coloquialmente chámanse ''loonies'', do nome inglés (''common loon'') de colimbo grande (un paxaro acuático de nome científico ''Gavia immer'') que figura no reverso, e este nome úsase a miúdo para referirse tamén á unidade monetaria en xeral; en francés din ''dollar huard'' co mesmo sentido, ou tradicionalmente ''piastre''. As moedas de 2$, onde figura un [[oso polar]], por analoxía chámanse ''twonies'' (ou ''toonies'').
 
== Taxas de cambio ==
 
* 1.00 USD = 0.980500 CAD
* 1.00 EUR = 1.38781 CAD
* 1.00 GBP = 2.00356 CAD
* 1.00 MXN = 0.0903062 CAD
 
(Actualización: 2007/10/07 18:14:14 UTC)
 
== Véxase tamén ==
* [[Dólar (homónimos)]]
 
== Ligazóns externas ==
* [http://www.worldpapermoney.org Imaxes dos Billetes Canadenses] (en inglés)
* [http://www.bankofcanada.ca/en/banknotes/index.html Banco do Canadá —billetes] (en inglés e francés)
* [http://www.mint.ca Real Casa da Moeda Canadense] (en inglés e francés)
{{Control de autoridades}}
 
==Ligazóns externas==
*[http://www.worldpapermoney.org Imaxes dos Billetes Canadenses] (en inglés)
*[http://www.bankofcanada.ca/en/banknotes/index.html Banco do Canadá —billetes] (en inglés e francés)
*[http://www.mint.ca Real Casa da Moeda Canadense] (en inglés e francés)
[[Categoría:Canadá]]
[[Categoría:Moedas americanas|Canadá]]