País Vasco (rexión histórica): Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
*̈manoscrito -> manuscrito
Castelao (conversa | contribucións)
m Bo por "bó"
Liña 185:
En Francia, o [[rugby]] é outro deporte popular entre a comunidade vasca. En [[Biarritz]], o clube local é [[Biarritz Olympique Pays Basque]], co nome facendo referencia á herdanza vasca do clube. Visten de vermello, branco e verde, e os seus afeccionados son coñecidos por ondear a [[Ikurriña|bandeira vasca]] nas gradas. Eles tamén recoñecen a outros 16 clubes como "Vascos-amigábeis". O máis famoso xogador vasco e do Biarritz é o lendario [[Serge Blanco]], cuxa nai era vasca. [[Michel Celaya]] liderou tanto a Francia como ó Biarritz. O número 8 de Francia [[Imanol Harinordoquy]] é tamén un xogador vasco e do Biarritz. Antes da prohibición da copa de Rugby en 1940, un clube vasco foi o derradeiro en celebrar ter gañado a copa.
 
[[Aviron Bayonnais]] é outro bo clube con certos trazos vascos, pero o Biarritz é claramente o máis prominente.
 
A [[pelota vasca]] ([[Jai Alai]]) ou coloquialmente simplemente ''pelota'' é a versión vasca da familia de xogos europeos que inclúe ó [[tenis]] e ó [[squash]]. Os xogadores vascos, que xogan tanto para equipos franceses coma españois, dominan as competicións internacionais.