Valentín Paz-Andrade: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Liña 63:
Foi candidato ás [[Eleccións a Cortes Constituíntes de 1931 en Galicia|Cortes Constituíntes de 1931]], con Castelao e Cabanillas, pero non saíu elixido por escasa marxe.<ref>"''Con todo, se non se roubasen as actas de Lalín, Paz Andrade sairía elixido''" ([[Gran Enciclopedia Galega]]).</ref> Colaborou con outros membros do [[Seminario de Estudos Galegos]] na redacción dun ''[[Estatuto de Autonomía de Galicia de 1936#Proxectos de Estatuto|Anteproyeito de Estatuto da Galiza]]'' que se presentou en maio dese mesmo ano<ref>''Exposizón presentada pol-a poñenza encarregada de redactar o Anteproyeito de Estatuto da Galiza''.</ref> e publicou diversos artigos políticos en ''[[El Pueblo Gallego]]''. En decembro constitúese formalmente o [[Partido Galeguista (histórico)|Partido Galeguista]], en Pontevedra, e resulta nomeado [[conselleiro]].
 
[[Ficheiro:El Pueblo Gallego 28-6-1936.JPG|miniatura|200px|"''Autonomia, fé civil''", columna na portada de ''El Pueblo Gallego'', 1936.]]
O [[22 de novembro]] de [[1932]] foi vítima dun [[atentado]] cando saía, acompañado de [[Ramiro Illa Couto]], dun café na rúa de [[Fermín Galán]], hoxe rúa do Príncipe, de Vigo. Daquela Paz-Andrade mediaba representando a patronal nunha [[folga]] de mariñeiros do [[sindicato]] de Industria Pesqueira de [[Bouzas, Vigo|Bouzas]]-Vigo (pertencente á [[CNT]]) contra os armadores da industria ''La Marítima'' polos buques por parellas. No atentado recibiu cinco disparos de bala, con feridas no pescozo e nun [[parietal]], quedando un dos proxectís aloxado nunha [[clavícula]] de por vida. Foi operado en dúas ocasións no sanatorio Troncoso.<br>
Foron acusados de seren os autores materiais os militantes [[anarcosindicalismo|anarcosindicalistas]] [[Vicente Vales Lorenzo]], directivo do sindicato, e mais [[Emilio Costas Fernández]].<ref>[[Dionisio Pereira|Pereira, D.]] e [[Eliseo Fernández Fernández|Fernández, E.]]: ''O anarquismo na Galiza. Apuntes para unha enciclopedia'', Ed. Positivas, 2003. Páx. 80 e 261.</ref> Os dous estiveron presos até abril de 1933 e foron absoltos logo do [[xuízo]], estando defendidos por Agustín Ribas e [[Isidoro Millán Mariño]].<ref>[http://www.cntgaliza.org/files/Vigo_1936.pdf ''Vigo 1936: a contribución libertaria''], Antón Briallos {{es}}.</ref> O xuízo tivo lugar o [[14 de novembro]] de 1933, e Paz-Andrade non asistiu, pois estaba en [[Portugal]] para superar as lesións e para preparar as inminentes eleccións xerais.