Nouvelle Vague: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Sen resumo de edición
Imxavitooh (conversa | contribucións)
Sen resumo de edición
Liña 1:
{{sen referencias|data=setembro de 2015}}
'''Nouvelle vague''' (en galego, ''Nova Onda'') é o nome co que se coñece a un grupo de [[cinema de Francia|cineastas franceses]] que, durante a década dos sesenta, realizan filmes baixo unha serie de principios ou metas estéticas comúns. Por este motivo, é posible consideralo coma un movemento cinematográfico. Este grupo de cineastas, influenciados polo [[existencialismo]] francés de [[Jean-Paul Sartre]] e de [[Albert Camus]], pon en cuestión as estruturas narrativas tradicionais e formula a aplicación de novas técnicas de experimentación.
Esta denominación aparece por vez primeira con [[Françoise Giroud]], [[xornalista]], [[guionista]], [[escritor]]a e [[Ministro (goberno)|ministra]] do [[Goberno francés]], en [[1957]], na revista ''L’Express'' en referencia á nova forma de rodar dos novos cineastas franceses. Asemade, a cohesión deste grupo viña exercida pola revista de crítica de cine, ''[[Cahiers du Cinéma]]'', fundada en 1951 por [[André Bazin]], posto que a grande parte dos directores serían coñecidos, previamente, como críticos nesta revista. Serían, por tanto, en primeiro lugar, impulsores teóricos dunha perspectiva vangardista e crítica coas producións tradicionais e comerciais e, nun segundo momento, realizadores prácticos desa teoría.
 
== Características ==
Os realizadores da '''Nouvelle Vague''' terán como referente a proposta que en [[1948]] defendía o director e crítico de cine [[Alexandre Astruc]]: ''camera stylo''. Trátase dun novo estilo de rodar baseado na creatividade do director, na exploración sen límites e na autonomía da narración a respecto de intereses comerciais. É o que, posteriormente, coñeceríamos como ''[[cine de autor]]''.
 
A carencia de intereses comerciais, implicaba a ausencia de elevados orzamentos financeiros, feito que levou a estes cineastas á realización con cámaras lixeiras de 8mm. e 16mm. (formatos non empregados polos profesionais). Estas cámaras lixeiras permitíanlles rodar en exteriores, en localizacións reais, sen iluminación artificial, nin grandes esceneografías situadas en estudios.