Emilio Salgari: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
m Bot: Engado {{Control de autoridades}}; cambios estética
Sen resumo de edición
Liña 34:
Este ciclo está constituído por cinco novelas. A acción desenvólvese no [[mar Caribe]] durante o [[século XVII]], época de esplendor da piratería. O protagonista principal é o Corsario Negro, Emilio di Roccabruna, señor de [[Ventimiglia]], un nobre italiano que adopta a piratería como método de vinganza contra o [[Flandes|flamengo]] Wan Guld, gobernador de [[Maracaibo]], que asasinara a un dos seus irmáns. Inicialmente o Corsario Negro loita xunto aos seus outros dous irmáns, o Corsario Verde e o Corsario Vermello, que terminan sendo aforcados polo seu adversario.
 
O Corsario Negro, como ocurre con frecuencia nas novelas de Salgari, namora da filla do seu inimigo, Honorata de Wan Guld, coa que ten un breve idilio. Froito do seu matrimonio nace Iolanda, protagonista da terceira novela xunto co antiguoantigo lugartenientelugartenente do corsario, Morgan. Nos dous últimos títulos toma o relevo como protagonista Enrico di Ventimiglia, fillo do Corsario Vermello.
 
* ''Il Corsaro Nero'' (1898; traducida ao galego por Silvia Gaspar como ''[[O corsario negro]]'')