Euronews: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Sen resumo de edición
Sen resumo de edición
Liña 11:
A idea de crear unha cadea europea de noticias xurdiu en 1991, cando a cobertura exclusiva da primeira guerra de Iraq pola cadea [[Estados Unidos de América|estadounidense]] de noticias [[CNN]] puxo de manifesto a hexemonía deste país e por conseguinte o atraso europeo no dominio da información televisiva internacional.
 
Outras cadeas uníronse ao proxecto: [[ArmNews.Eu]] (Armenia), [[Česká televize|CT]] (República Checa), [[ENTV]] (Alxeria), [[ERTT]] (Tunisia), [[Public Broadcasting Services|PBS]] (Malta), [[RTÉ]] (Irlanda), [[RTVSLO]] (Eslovenia), [[RTR]] (Rusia), [[Natsionalna Telekompanya Ukraïny|NTU]] ([[Ucraína]]), [[SSR-SRG]] (Suíza), [[Televiziunea Română|TVR]] (Romanía) e [[TV4|TV4 AB]] (Suecia). A británica [[Independent Television News|ITN]] participa no contido das emisións. A [[SECEMIE]] é a sociedade dona e produtora de Euronews, mentres que SOCEMIE, filial da anterior, é o operador.
 
As emisións empezaron o [[1 de xaneiro]] de [[1993]]. Emite en sete idiomas: [[Lingua castelá|español]], [[Lingua italiana|italiano]], [[Lingua francesa|francés]], [[Lingua alemá|alemán]], [[Lingua inglesa|inglés]], [[Lingua portuguesa|portugués]] (desde 1999) e [[Lingua rusa|ruso]] (desde 2001), vinte e catro horas ao día. Durante un ano emitiu tamén en [[Lingua árabe|árabe]].