Wikipedia:Wikiproxecto A Galipedia na aula: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Elisardojm (conversa | contribucións)
Elisardojm (conversa | contribucións)
traduzo e adapto tarefas de https://es.wikipedia.org/wiki/Wikiproyecto:Wikipedia_en_las_aulas/Ponencia
Liña 22:
 
A desenvolver, en castelán pódese atopar a [[:es:Wikiproyecto:Wikipedia en las aulas/Guía para la introducción de contenido en Wikipedia|''Guía para la introducción de contenido en Wikipedia'']] (wikiproxecto inactivo).
 
== Propostas de tarefas na aula ==
* '''Corrección de erros ortográficos''': na Galipedia hai moitos colaboradores e cada un ten un nivel de galego diferente, hai artigos que teñen partes mal mtraducidas doutras wikipedias e tamén hai diferentes erros comúns de escritura. Unha tarefa sinxela coa que comezar sería buscar palabras incorrectas e arranxar algúns dos artigos que as conteñan, na Galipedia hai unhas listas con algúns erros comúns, [[Wikipedia:Erros de ortografía e desviacións]] e [[Wikipedia:Erros de ortografía revisados]], e tamén poden buscarse [[castelanismo]]s, [[lusismo]]s, [[hiperenxebrismo]]s, [[hipergaleguismo]]s, etc. Tamén se pode mellorar a ortografía dos artigos que están en [[:Categoría:Wikipedia:Artigos que precisan de revisión ortográfica]].
* '''Desenvolvemento de artigos en progreso''': nesta [[:Categoría:Wikipedia:En progreso|categoría]] poden atoparse todos os artigos en progreso agrupados por temas.
* '''Traducións doutras Wikipedias''': os profesores de idiomas poden propoñer actividades de tradución de artigos noutras linguas, que non existan na Galipedia ou que estean en progreso. En coordinación cos profesores doutras materias, poderían elexirse aqueles temas que se estean desenvolvendo nun momento dado, o que axudaría a un mellor desenvolvemento curricular. Resultan de gran interese a tradución dos artigos de calidade noutras wikipedias, xa que polo seral son de grande calidade. Desde [[Wikipedia:Artigos de calidade|esta páxina]] poden atoparse as ligazóns ós artigos de calidade noutras linguas.
* '''Creación de novos artigos''': aínda que o ideal fose que os alumnos desenvolveran artigos relacionados co seu currículo educativo, é bastante probable que moitos destes artios xa existan na Galipedia. Polo tanto sería tarefa do profesor revisar se existen ou non os artigos ou se paga a pena amplialos, no caso de que sexan [[:Categoría:Wikipedia:Todos os artigos en progreso|artigos en progreso]]. Neste caso poden desenvoverse artigos de historia ou xeografía local, biografías de personaxes ilustres do concello (tamén personaxes que aparezan no seu rueiro), fauna e flora, patrimonio arqueolóxico, arquitectónico, cultural e natural local, cidades irmandadadas e artigos relacionados con elas, etc.
* '''Lectura de artigos''': existen artigos que poden ser escoitados, o que resulta interesante para usuarios que non poden ver ou teñen dificultades para facel, para estudantes de galego, etc. Os [[Wikipedia:Artigos de calidade|artigos de calidade]] serían os ideais para gravar a súa lectura, aínda que pode facerse con calquer artigo. No proxecto [[Wikipedia:Wikiproxecto Galipedia falada|Wikipedia falada]] pode lerse o proceso a seguir.
*'''Deseño de imaxes''': son moitos os artigos que gañarían en calidade cunha boa imaxe, xa sexan debuxos, esquemas ou fotografías. Os profesores de debujo, tanto artístico como técnico, poden propor que os alumnos suban os seus traballos a [[Wikimedia Commons]] para ser utilizados nos artigos da Wikipedia. Na Galipedia hai dous proxectos relacionados con isto: a [[Conversa:Galería de imaxes de casas dos concellos de Galicia|galería de fotos de casas de concello de Galicia]] e o [[Wikipedia:Wikiproxecto fotos de parroquias]] que pretende conseguir que todas as parroquias civís de Galicia, que xa teñen o seu artigo, teñan tamén polo menos unha foto.
 
[[Wikiproyecto:Wikipedia en las aulas/Guía para la introducción de contenido en Wikipedia|Para saber más...]]
 
==Ferramentas==