Xogos Olímpicos de 1896: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Jglamela (conversa | contribucións)
mSen resumo de edición
Liña 25:
Os '''I [[Xogos Olímpicos]]''' da era moderna foron realizados en [[Atenas]] ([[Grecia]]), berce dos xogos da antigüidade, entre os días 6 e 15 de [[abril]] de [[1896]], coa participación de 241 atletas, todos homes, representando catorce países, grazas ao empeño visionario do francés [[Pierre de Frédy]], o [[Barón de Coubertin]], idealizador do renacemento dos xogos existentes na [[Grecia antiga]], mentor do movemento olímpico e fundador do [[Comité Olímpico Internacional]].
 
Sen ningunha experiencia na organización de semellante evento, os organizadores dos primeiros xogos case arruínan a propia competición, por mor da diversidade de datas, pois os gregos utilizaban entón o antigo [[calendario xuliano]] paralelo ó convencional usado pola civilización occidental, facendo que existise unha diferenciadiferenza de doce días entre ambos, o que atrapallou a inauguración dos Xogos e a chegada dos atletas dos diversos puntos do planeta.
 
A cerimonia de inauguración acabou acontecendo nun [[domingo]] de [[Pascua cristiá|Pascua]], co discurso de apertura proferido diante de cen mil espectadores polo propio [[Xurxo I de Grecia|Xurxo I]], de [[Grecia]], após a inauguración dunha estatua –que existe aínda hoxe– na entrada do estadio [[Panathinaikos]], principal palco das competicións e unha marabilla arquitectónica toda de mármore, en homenaxe ó rico financieiro ateniense Georgius Averoff, responsable da restauración e modernización do estadio e financiador da organización do evento, o que impediu a súa cancelación antes mesmo de iniciado, debido ás penosas condicións do erario real grego.