Caio Mario: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
m Bot: Engado {{Control de autoridades}}; cambios estética
repartición
Liña 13:
A familia de Mario era cliente da importante familia dos Cecilios Metelos, e o xove contou co apoio de [[Quinto Cecilio Metelo o Numídico]] para poder gañar as eleccións para [[Tribuno da plebe]] no ano [[-120|120 a.C]]. Mario ingresou no [[senado romano|senado]], pois tódalas persoas que tivesen ocupado ese posto, podían ocupar un sitio nesa asemblea. O contacto con Cecilio Metelo tamén indica que a familia de Mario non eran simples traballadores.
 
Durante o tempo que ocupou o posto de tribuno, Mario xa manifestou os trazos contraditorios que ían marcar a súa futura acción política. Así, ó mesmo tempo que se enfrontaba á nobreza e ó seu propio protector cunha proposta de lei que pretendía restarlle poder á oligarquía nas votacións, tamén actuaba contra o pobo opoñéndose a unha lei que pretendía aumentar oa repartorepartición de trigo entre a plebe. Descoñécese se Mario actuou así por interese propio ou para beneficiar á orde ecuestre.
 
De calquera xeito, a súa carreira política sufriu unha parálise temporal, presentándose e perdendo as eleccións para [[edil curul]] e [[edil plebeo]]. Esta derrota foi, en parte, debida á súa nova inimizade coa familia Metelo. De boas a primeiras semellaba que a súa modesta orixe impedía que Mario puidese chegar ás altas maxistraturas, pero no ano [[-116|116 a.C.]] foi elixido [[pretor]]. As condicións da súa vitoria foron tan dubidosas que foi xulgado por subornar a algúns votantes. Mario gañou o xuízo, e polo tanto acadou o posto de pretor en Roma.