Invasión musulmá da Península Ibérica: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Vivaelcelta (conversa | contribucións)
Sen resumo de edición
corrixo
Liña 141:
== Consolidación da conquista ==
 
Musa deixou a fronte do exército en España a seu fillo [[Abd al-Aziz ibn Musa|Abd el-Aziz ibn Musa]] (Abdelaziz), quen permaneceu en [[Sevilla]], primeira capital de [[Al-Ándalus]], como [[wali]]. Con el quedouse o groso do botín. Aínda que unha parte estaba destinada a cubrir os gastos da administración e da guerra, a maioría gardábase para oa seusúa repartorepartición entre as tropas cando se licenciasen ao final da campaña, con reserva dun quinto (chamado ''jums'') para o califa. Este repartorepartimento, a causa do lento da conquista, aínda tardou varios anos.
 
Mentres, o rei visigodo Axila II, tras resistir a forte acometida de Tariq, mantiña o control da actual Cataluña, máis algunhas zonas adxacentes e a provincia goda de Septimania. O propio arcebispo de Toledo, Sinderedo, que como xa dixemos abandonou a capital, uniuse a el para reforzar a súa autoridade, polo sentido simbólico e lexitimador que súa presenza e apoio tiña para a monarquía visigoda.
Liña 204:
Un feito importante para estas dúbidas do Califa foron tamén os primeiros enfrontamentos na península entre os bérberes do norte de África, acabados de islamizar, e os árabes. Os segundos vían aos primeiros como musulmáns de segunda, e estes recibiran unha parte moi pequena do botín. Os aproximadamente 35.000 soldados bérberes non se sentían ben pagados, e entre 716 e 718 tivo dúas novas migracións de bérberes cara a península, o que aumentou gravemente a tensión entre os dous pobos. Finalmente, Omar II optou por continuar en España e nomear un novo gobernador, al-Samh ben Malik (718–721).
 
O primeiro que fixo este foi unha especie de catastro ou rexistro de ingresos impoñibles, para clarificar as fontes e capacidades do fisco e aumentar así seu rendemento. A continuación fixo unha distribución do botín, que aínda estaba pendente de dividir. Este repartorepartimento do botín tiña un efecto político e psicolóxico, pois mostraba ás claras que a decisión tomada por Omar II de permanecer na península era definitiva.
 
CoCoa repartorepartición asignáronse propiedades e bens á facenda pública, e distribuíronse outras terras entre os conquistadores, a fin de calmar os seus enfrontamentos. Incluso parte dos terreos correspondentes ao Califa por ''jums'' foron entregados en usufruto, por decisión de Omar II, a cambio dun pacto feudal. Con todo iso, conseguiuse reducir a tensión entre os conquistadores. Pero tamén nisto se notou o diferente trato cara os bérberes, que foron asentados nas ladeiras dos sistemas cantábrico e central, e nas montañas andaluzas, mentras que os terreos máis fértiles do sur foron para continxentes procedentes de Siria e Exipto.
 
Nada máis feito isto, continuou as accións militares e chegou ata Septimania na primavera de 719. No ano 720, Perpiñán e Narbona foron capturadas, matando a todos os homes e escravizando mulleres e nenos; e establecendo unha guarnición permanente nesta última cidade. Nese mesmo ano morreu o último rei visigodo, Ardo.