Historia de Iacarta: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Sen resumo de edición
Sen resumo de edición
Liña 4:
Entre 1513 e 1522 os portugueses arriban á zona e conseguen a concesión dun posto comercial con fortín, na procura de aliados por parte dos induistas fronte á amenaza do reino islámico veciño. Pero todo foi en balde: no 1527, o príncipe Fatahillah de Banten conquista Kelapa e a renomea '''Jayakarta''' ("gloriosa victoria"). Asentada no lado oeste do río posuía o característico centro ritual ou alun-alun das vilas xavanesas co palacio do rey ou dalem no seu lado sur ao que os musulmáns engaden a mezquita no costado oeste. A superficie encercada sería dunhas 30 Ha.
 
Dende 1596 os holandeses frecuentan a cidade e será en 1610 cando obteñan do príncipe Jayawikarta unha concesión na beira leste do río, xusto na súa desembocadura. Alí constrúen almacéns protexidos por un forte [http://www.leidenuniv.nl/fsw/nas/images/d6.gif]. Para compensar, no 1615 os británicos conseguen o mesmo dereito na beira oposta. Os conflictos no tardan en aparecer e de resultas deles, os holandeses sairán triunfantes. En 1619 destrúen Jayakarta (ou Jacatra) e na celebración da victoria deciden nomear a súa concesión da beira dereita '''[[Batavia]]''' (polos Bátavos, tribu xermánica ancestro dos poboadores dos Paises Baixos).
 
De inmediato, Jan Pieterszoon da [[Compañía Holandesa das Indias Orientáis]] encarga ao enxeñeiro Simon Stevin o plano duhna nova cidade. Fronte ao solar baleiro de Jayakarta na outra beira do río [http://upload.wikimedia.org/wikipedia/commons/e/ef/Andries_Beeckman_-_The_Castle_of_Batavia.jpg] e según o modelo da metrópoli, [[Amsterdam]]: unha urbe articulada mediante canais (waterstad), con parcelas alongadas e estreitos lotes entre medianeiras[http://www.engelfriet.net/Aad/NedIndie/1672batavia.jpg][http://www.ulib.niu.edu/rbsc/batavia1629.jpg]. Na segunda metade do século, o modelo duplícase ocupando o descampado de Jayakarta na outra beira. O total encercado aproxímase as 100 Ha[http://www.flc.kyushu-u.ac.jp/~michel/serv/eujap/voc/batavia/pics/batavia_1681_mx.jpg].
 
O século dezaoito non supón ningún engadido a máis dunha liña de defensas arredor da cidade. Dentro, Batavia ou Kota coma era coñecida, o centro administrativo e comercial; distritos de chineses e árabes, kampungs (poboados con plantacións de azucre e cocoteros) de nativos xavaneses, e propiedades de ricos hacendados holandeses (landhuizen, unha delas será o orixen da actual Depok, no sur de Iacarta)[http://www.ra.se/KRA/bilder/0406/09/038_002.jpg][http://images.statelibrary.tas.gov.au/tasimg/may1999/normal/AUTAS001125644724.jpg].
Liña 15:
Así foi ata o desenvolvemento de Gondangdia e Menteng entre 1920 e 1935 ao sur da Koningsplein, urbanizacións según o tipo de cidade-xardín para europeos acomodados [http://niehorster.orbat.com/016_netherlands/maps/Batavia%201920.gif]; e un novo porto en Tanjung Priok, uns sete kilómetros ao leste de Kota, iniciado coa chegada do ferrocarril na segunda metade do XIX [http://niehorster.orbat.com/016_netherlands/maps/_batavia.jpg].
 
Tra la independencia en 1949, Jakarta[[Iacarta]], xa con este nome, doblou a súa poboación. Decidíuse planificar una cidade satélite, Kebayoran Baru, inda máis ao sur. O seu diseño era unha mixtura de principios urbanísticos occidentais (cidade-xardín) e xavaneses (modelo dos kampungs indíxenas, autosuficientes e separados por espaciosas rutas de tráfico e zonas verdes)[http://maps.google.com/maps?f=q&hl=en&q=jakarta&ie=UTF8&ll=-6.240647,106.804447&spn=0.041552,0.05785&t=k&z=14&om=1].