Misantropía: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Elisardojm (conversa | contribucións)
+imaxe
Breogan2008 (conversa | contribucións)
Sen resumo de edición
Liña 4:
Tamén engloba unha posición de desconfianza e tendencia para antipatizar con outras persoas. Un misántropo é alguén que desconfía da [[humanidade]] dunha forma xeneralizada. O termo tamén é aplicable a todos aqueles que se tornan solitarios por causa dos sentimentos mencionados (de destacar o elevado grao de desconfianza que detén polas outras persoas en xeral).
 
Non representa un desagrado por persoas concretas, senón a animadversión dos trazos compartidos por toda a humanidade. Un misántropo é, polo tanto, unha persoa que amosa antipatía cara ao home como ser humano. Pode ser lixeira ou marcada, así como pode ter características moi diferentes que van desde o inofensivo, a crítica social ou á destrución ou a autodestrución. En casos extremos, a misantropía acabou en asasinatos masivos. O asasino de polo menos 21 persoas, Carl Panzram dixo, en [[1922]], desde o cárcere de Washington DC: «''Odio a toda a ---- raza humana. Gozo matando e violando xente''».<ref>[http://edant.clarin.com/diario/2002/06/09/s-04301.htm Carl Panzram: la horrorosa vida del "peor criminal que haya existido"]</ref> Ou, por exemplo, os asasinos que realizaron tiroteos na famosa [[Masacre de Colombine|masacre do instituto de Columbine]], que citaban nos seus diarios o seu odio á raza humana, pouco antes de matar a 13 persoas e suicidarse.
 
O nacemento da misantropía na literatura atribúeselle a numerosos escritores satíricos, tales como [[W. S. Gilbert|William S. Gilbert]] (''Odio aos meus conxéneres''), aínda que tales identificacións deben ser estreitamente examinadas, pois unha visión crítica ou parodia da humanidade pode ser confundida con misantropía, dado que ten formas de desagrado que non son consideradas como tal.<ref name=def>[http://www.wordiq.com/definition/Misanthropic Misanthropic - Definition (Inglés)]</ref>