Carlos VIII de Francia: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Liña 31:
Exiliados [[Italia|italianos]] na corte francesa animaron ao rei Carlos VIII a intervir nas loitas intestinas que vivía o país, dividido en diferentes principados. Así reivindicou os seus dereitos de herdanza sobre o [[Reino de Nápoles]] adquiridos a través da súa avoa [[María de Anjou]], e entrando en disputa así con [[Fernando II de Aragón]].
 
Tras acordos territoriais e económicos co [[Imperio austríaco]] e [[Inglaterra]] para contar cacoa súa non intervención, entrou en Italia con 30.000 homes en agosto de [[1494]]. En [[1495]] conquistou Nápoles pero foi derrotado polas tropas de [[Gonzalo Fernández de Córdoba]], baixo cuxo mando directo se atopaba o nobre galego [[Fernando de Andrade e Pérez das Mariñas]], [[Conde de Andrade]].
 
Morreu en [[1498]] con tan só 27 anos de idade a causa dunha aplopexía. Pese a que tivo tres fillos e unha filla con Ana da Bretaña, todos eles morreron a moi temperá idade e quedando sen descendencia directa á súa morte. Así o trono pasou ao seu primo [[Luís de Orleans]], que subiría ao trono coma Luís XII de Francia.