Armórica: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Sen resumo de edición
corrixo
Liña 10:
O comercio entre Armórica e as Illas Británicas foi descrito por Diodoro Sículo. Despois da campaña de [[Craso]] no [[-57|57 a.C.]], a resistencia armoricana ao dominio romano era apoiada polos aristócratas celtas de [[Gran Bretaña|Britania]]. En resposta, [[República romana|Roma]] invadiu Britania en dúas ocasións, en [[-55|55 a.C.]] e [[-54|54 a.C.]], baixo o mando de [[Xulio César]].
 
No [[Imperio romano]], Armórica foi parte da provincia de [[Gallia Lugdunensis]], a cal tiña o seu capital en Lugdunum ([[Lión]]). Cando as provincias romanas foron reorganizadas no [[século IV]], Armórica foi colocada baixo as segunda e terceira divisións de Lugdunensis. Armórica rebelouse contra Roma en dúas ocasións no [[século V]], expulsando aos oficiais romanos na segunda ocasión. A península deda Bretaña comezou a ser colonizada por celtas bretóns nos séculos V a VII. Durante os séculos IX e X, os [[viquingos]] comezaron a establecerse na península de Cotentin, o cal carrexou o desuso do nome de Armórica, favorecendo o de ''[[Normandía]]''.
 
== Cultura popular ==