Antonia Ferrín: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
→‎Galardóns e homenaxes: ligazón interna
Liña 5:
Filla dun mestre de matemáticas, trasladouse coa familia a [[Santiago de Compostela]] en [[1920]]. Estudou o bacharelato no [[IES Rosalía de Castro|Instituto Arcebispo Xelmírez]] e en [[1930]] matricúlase na Facultade de Ciencias da [[Universidade de Santiago]]. Licénciase en Químicas e obtén ademais o título de [[mestre|mestra]], e xusto ao remate da súa licenciatura comeza a traballar, en [[1934]], como profesora axudante de [[Física]] e [[Matemáticas]] na súa facultade —unha das seis mulleres en facelo naquel momento—, e mais como profesora de Ciencias no instituto de [[bacharelato]] onde estudara. Porén, segue estudando e matricúlase en [[Farmacia]] e fai os dous cursos de ciencias exactas que a Universidade de Santiago ofertaba naquela altura.
 
Polos seus posicionamentos políticos, en [[1937]] é sancionada e apartada da docencia na Universidade de Santiago<ref>{{Cita web|url = http://vitimas.nomesevoces.net/gl/ficha/21451/|autor = |título = Nomes e voces. Antonia Ferrín Moreiras, expediente de sanción|dataacceso = 30/10/2014}}</ref>, ao igual ca 45 outros profesores, entre os que se atopaban [[Enrique Rajoy Leloup]], [[Fernando Calvet]], [[Isidro Parga Pondal]] ou [[Francisco Fernández del Riego]], aindaaínda que se lle permitei seguir como profesora no colexio de nenas orfas Nosa Señora dos Remedios de Santiago<ref>{{Cita web|url = http://www-revista.iaa.es/41/antonia-ferr%C3%ADn-moreiras|autor = Ling, Josefina|título = Antonia Ferrín Moreiras, la primera astrónoma gallega|dataacceso = 30/10/2014}}</ref>. En [[1940]] revísase o seu proceso e pode reincoporarse á docencia universitaria. Faino como profesora axudante de [[Enrique Vidal Abascal]].
 
Neses anos coñece a [[Ramón María Aller]] e interésase pola [[astronomía]]. Traballa con él no [[Observatorio Astronómico da Universidade de Santiago]] e publica os seus traballos en distintas revistas de astronomía. En [[1952]] consegue unha praza fixa de investigación. Dous anos antes licenciárase por libre de Ciencias Exactas na [[Universidade Complutense de Madrid|Universidade Central de Madrid]]. En [[1953]] consegue unha praza por oposición na escola de maxisterio de [[Santander]], e en [[1955]] trasládase de volta a Santiago.
 
En [[1957]] convértese na primeira muller profesora da recén creada Facultade de Matemáticas en Santiago, acabada de crear, onde imparte clases durante seis anos, ata [[1963]]. Nesa época ademais consegue rematar a súa tese sobre observación astronómica, titulada ''Observacións de pasos por dúas verticais'' e dirixida por Aller, que presenta na Complutense, e que é a primeira tese sobre matemáticas escrita por un galego. É nese ano cando marcha a [[Madrid]] para converterse en [[catedrático|catedrática]] de Matemáticas na diplomatura de Maxisterio desa cidade. Pero axiña se traslada á Facultade de Matemáticas da Universidade Complutense, onde dará clase de astronomía durante case unha vintena de anos, ata a súa xubilación en [[1984]].
 
En [[2004]] trasládase a Santiago de Compostela por motivos de saúde.