Diferenzas entre revisións de «Plaza de Cibeles»

sen resumo de edición
{{coord|40|25|09.38|N|3|41|35.25|W|type:landmark|display=title}}
[[Ficheiro:Plaza_de_Cibeles_(Madrid)_07.jpg|220px|thumb|Vista da plaza de Cibeles, coa fonte no centro e o [[Palacio de Comunicacións de Madrid|Palacio de Comunicacións]], sede da Alcaldía, detrás.]]
A '''plazaPlaza de Cibeles''' é unha [[praza]] da cidade de [[Madrid]], situada na intersección da rúa de Alcalá (que a cruza de oeste a este) co [[paseo de Recoletos]] (ao norte) e o [[paseo del Prado]] (ao sur). Este lugar, un dos máis simbólicos da capital, divide os límites dos distritos [[Centro, Madrid|Centro]], [[Retiro, Madrid|Retiro]] e [[Salamanca, Madrid|Salamanca]].
 
No centro do recinto, sitúase a soada [[fonte de Cibeles]], esculpida no ano [[1782]], a partir dun deseño de [[Ventura Rodríguez]]. Cada unha das catro esquinas da praza está presidida por edificios emblemáticos, construídos entre finais do [[século XVIII]] e principios do XX. O [[Palacio de Buenavista]] ou Cuartel Xeral do Exército, que data de [[1777]], é o máis antigo de todos eles. Sitúase no ángulo noroccidental, enfrontado ao [[Palacio de Linares]] ou Casa de América, que se alza sobre o nororiental. Pola súa banda, o [[Palacio de Comunicacións de Madrid|Palacio de Comunicacións]], sede da Alcaldía de Madrid desde o ano [[2007]], esténdese sobre o extremo sueste e o [[Banco de España]] sobre o suroeste.
47.564

edicións