Emerald Coast: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Castelao (conversa | contribucións)
m Cambio de Asa por Franxa
Castelao (conversa | contribucións)
m Modelo lingua
Liña 5:
[[Ficheiro:PensacolaBeachFlorida.JPG|thumb|dereita|250px|[[Pensacola Beach, Florida|Pensacola Beach]], parte da "Costa Esmeralda".]]
 
A '''Costa Esmeralda''' ({{lang-en inglés, ''|Emerald Coast''}}) é unha denominación non oficial dunha área costeira do estado de [[Florida]] (nos [[Estados Unidos de América|Estados Unidos]]) situado no [[Golfo de México]]. Esténdese uns 160 quilómetros ao longo de cinco condados, [[Condado de Escambia, Florida|Escambia]], [[Condado de Santa Rosa, Florida|Santa Rosa]], [[Condado de Okaloosa, Florida|Okaloosa]], [[Condado de Walton, Florida|Walton]] e [[Condado de Bay, Florida|Bay]], desde [[Pensacola, Florida|Pensacola]] a [[Panama City, Florida|Panama City]]. Algunhas comunidades de Alabama do Sur na costa do [[Condado de Baldwin , Alabama|Condado de Baldwin]], como Gulf Shores, Orange Beach e Fort Morgan, tamén empregan esta denominación.
 
== Orixe do nome ==
A comezos de [[1946]], cunha finalidade de [[marketing]], a costa que se estende de [[Fort Walton Beach, Florida|Fort Walton Beach]] a Panama City comezou a ser coñecida como a "''Zona de Xogos da Costa do Golfo''" ({{lang-en [[Idioma inglés|inglés]], ''Playground of the Gulfcoast''}}), tal como o demostra o nome dado ao xornal de Fort Walton Beach, o ''Playground News'', que máis tarde mudou o seu nome ao de ''Playground Daily News'' e hoxe é o ''[[Northwest Florida Daily News]]''. En [[1952]], este tramo da costa foi alcumada por Claude Jenkins, un xornalista local, como "''A Franxa do Milagre''" (''Miracle Strip''), un termo que aínda permanece no nome do [[Parque de atraccións de Miracle Strip]] e noutros negocios locais<ref name="MiracleStrip23">{{cita Harvard|Hollis|2004|p=23|sp=si}}</ref><ref>{{cita libro |url=http://books.google.com/books?id=FPiHAAAAMAAJ&q=%22redneck+riviera%22&dq=%22redneck+riviera%22&hl=en&ei=HrgcToTUFa3_sQL82t3eCA&sa=X&oi=book_result&ct=result&resnum=4&ved=0CEMQ6AEwAw |título=The Florida Handbook |editor=Peninsular Publishing |ano=1985 |páxina=229 |idioma=en}}</ref>. O termo "''Franxa do Milagre''" foi adoptado oficialmente por trinta e cinco funcionarios e membros dos tres distritos da ''Florida Motor Courts Association'' no seu capítulo do [[14 de marzo]] de [[1956]], nunha reunión mantida no ''Staff Restaurant'' en Fort Walton Beach, co gallo de salientar as cen [[Milla|millas]] da Estrada número 98 como unha «''fabulosa cadea a de moteis, hoteis e locais nocturnos''» desde Pensacola a Panama City. Entre os seus membros incluíronse representantes das cámaras de comercio<ref>{{cita novas |título=Fort Walton Beach, Florida, «'Miracle Strip' Tag Official For This Area"» |xornal=Playground News |data=Xoves, 22-3-1956 |volume=11 |número=7 |páxina=14 |idioma=en}}</ref>.
 
O termo Costa Esmeralda foi acuñado en [[1983]] por un estudante de instituto chamado Andrew Dier, quen gañou 50 dólares no concurso que buscaba un novo slogan para a zona<ref>{{cita novas |url=http://www.waltonsun.com/article/20131222/NEWS/312229955 |título=This week in Walton history |xornal=[[The Walton Sun]] |data=22-12-2013 |dataacceso=26-12-2015 |idioma= en}}</ref>, quen inspirouse na cor das augas transparentes da súa costa. Desde entón, o termo comezou a ser empregado popularmente para designar toda a costa noroeste de Florida, desde Pensacola Beach a Panama City Beach.