Acción Gallega: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
copyright
Liña 26:
 
A loita do agrarismo galego, extraordinariamente radicalizada desde 1914, non volverá ter tanta resonancia como tivo nestes poucos anos o movemento de Acción Gallega, aínda que os principios deste movemento máis os de [[Basilio Álvarez]] perviviron nas sociedades agraristas posteriores.
 
== Himno ==
O seguinte poema pertence ao libro ''Vento Mareiro'' ([[1915]]) de [[Ramón Cabanillas]]. Trátase dun himno de loita, escrito para a asociación agraria que fundara o crego [[Basilio Álvarez]] en [[1910]]. Nel aléntase aos labregos de Galicia a rebelarse contra as estruturas sociais inxustas, como os [[Foro (contrato)|foros]] e o [[caciquismo]], que os mantiñan nunha situación de explotación e pobreza.
 
 
¡Irmáns! ¡Irmáns galegos!
 
¡Desde Ortegal ó Miño
 
a folla do fouciño
 
fagamos rebrilar!
 
 
Que vexa a Vila podre,
 
coveira da canalla,
 
a Aldea que traballa
 
disposta pra loitar.
 
Antes de ser escravos,
 
¡irmáns, irmáns galegos!
 
que corra a sangre a regos
 
dende a montaña ó mar.
 
¡Ergámonos sen medo!
 
¡Que o lume da toxeira
 
envolva na fogueira
 
o pazo señorial!
 
 
Xa o fato de caciques
 
ladróns e herexes fuxe
 
ó redentor empuxe
 
da alma rexional
 
 
Antes de ser escravos,
 
¡irmáns, irmáns galegos!
 
que corra a sangre a regos
 
dende a montaña ó val.
 
== Notas ==