Abrir o menú principal

Cambios

→‎Mitoloxía: repartimento
Segundo [[Aristóteles]] foi unha colonia [[caria]] que se chamou '''Epícaro'''.<ref>Aristóteles, fr. 491</ref> [[Estrabón]] di que o seu antigo nome foi ''Epitauros''. Pero despois, segundo Aristóteles, foi [[colonización|colonizada]] por [[Xonia|xonios]] (despois do retorno dos [[Heráclidas]]), procedentes da Tetrápolis ática.<ref>A Tetrápolis ática estaba formada polos [[demo (Grecia)|demos]] de [[Maratón (Grecia)|Maratón]], Énoe, Probalinto e Tricorinto</ref> En xeral crese que foi colonizada por xonios que foron expulsados polos [[dorio]]s. [[Pausanias (xeógrafo)|Pausanias]] di que en tempos da invasión dos dorios estaba gobernada por Pitireo, descendente de [[Ion (mitoloxía)|Ion]], e fillo de [[Xuto (mitoloxía)|Xuto]], que entregou o país a Deifontes e aos arxivos, e retirouse a Atenas coa súa xente.<ref>Pausanias, ''[[Descrición de Grecia]]'' vii, 26, 11-12.</ref>
 
Deifontes preséntase como muller de [[Témeno]] (casado coa súa filla Hirneto), ao que correspondeu Argos no repartorepartimento das conquistas dorias; as desgrazas de Deifontes foron obxecto das historias dos poetas tráxicos.
A cidade foi gobernada por reis, pero máis tarde a oligarquía substituíu á monarquía. Máis tarde foi gobernada por tiranos.