Joris-Karl Huysmans: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
̟ datas nacemento e defunción desde enːwiki
Liña 5:
Descendente dunha longa liña de pintores flamengos, tivo unha mocidade dolorosa (a súa nai volveu casar cun home de negocios, protestante: Jules Og). Estudou leis e ingresou como funcionario do Ministerio do Interior. Publicou pola súa conta en [[1874]] un conxunto de poemas titulado ''Le Drageoir à épices''. As súas primeiras obras, como ''Marthe, histoire d’une fille'' ([[1876]]) e ''Les Sœurs Vatard'' ([[1879]]), estaban inspiradas polo [[naturalismo]] de [[Émile Zola]]. Acudía ás veladas do grupo de Médan, para o que colaborou cun conto: ''Sac au dos'' no que fala sobre os seus recordos militares. O libro colectivo publicado: ''Les Soirées de Médan'' constitúe o Manifesto do [[Naturalismo]]. As súas obras están por entón (1881-1882), cheas de vidas sen brillo e dun eslamiado día a día e xa aparece o seu desgusto por un mundo moderno composto ''por bribóns e imbéciles''.
 
En ''À'' ''eborus'' ([[1884]]) novela que se converteu en modelo do [[decadentismo]] rompe claramente coa estética naturalista; as tendencias ao artificio do protagonista, o marqués Des Esseintes, son, no fondo, impulsos cara a un ideal. Sobre a novela ''Là-bas'' escribiu [[Luis Buñuel]] un guión con Jean-Claude Carrére que non chegou a filmarse. Volveu ao seo do catolicismo en [[1892]]; as súas novelas ''En route'' ([[1895]]) e ''La Cathédrale'' ([[1898]]) están dedicadas a narrar a súa experiencia relixiosa. Retirouse ao mosteiro dos beneditinos en [[París]], cidade na que morreu. Está enterrado no [[cemiterio]] de Montparnase[[Montparnasse]].
 
== Obras ==