Estatina: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Miguelferig (conversa | contribucións)
Miguelferig (conversa | contribucións)
Liña 223:
Un grupo británico illou o mesmo composto de ''Penicillium brevicompactum'', e deulle o nome de [[compactina]], e publicou o seu informe en 1976.<ref>{{cite journal | author = Brown Alian G., Smale Terry C., King Trevor J., Hasenkamp Rainer, Thompson Ronald H. | year = 1976| title = Crystal and Molecular Structure of Compactin, a New Antifungal Metabolite from Penicillium brevicompactum | url = | journal = J. Chem. Soc., Perkin Trans. 1 | volume = 1976 | issue = | pages = 1165–1170 | doi = 10.1039/P19760001165 | pmid=945291}}</ref> O grupo británico mencionou as propiedades antifúnxicas do produto, pero non fixo mención á inhibición da HMG-CoA redutase.
 
A mevastatina nunca foi comercializada debido aos seus efectos secundarios adversos sobre tumores, deterioración muscular, e ás veces a morte de cans de laboratorio. [[P. Roy Vagelos]], científico xefe e posteriormente CEOdirector executivo de [[Merck & Co]], estaba interesado neste produto, e fixo varias viaxes a Xapón desde 1975. En 1978, Merck illara a [[lovastatina]] (mevinolina, MK803) do fungo ''[[Aspergillus terreus]]'', que se comercializou en 1987 como Mevacor.<ref name=Simons>Simons, John. [http://money.cnn.com/magazines/fortune/fortune_archive/2003/01/20/335643 "The $10 billion pill"], ''Fortune'' magazine, January 20, 2003.</ref>
 
Xa se suxerira unha ligazón entre o colesterol e as doenzas cardiovasculares, que se chamou [[hipótese lipídica]]. O colesterol é o principal constituínte do [[ateroma]], os nódulos de graxa que se forman nas paredes das [[arteria]]s e que aparecen na [[aterosclerose]] e que, cando rompen, causan a gran maioría dos [[infarto de miocardio|ataques ao corazón]]. O tratamento consistía principalmente en dietas, como as dietas baixas en graxas, e en medicinas mal toleradas polo organismo, como o [[clofibrato]], [[colestiramina]], e [[ácido nicotínico]]. O investigador do colesterol Daniel Steinberg escribiu que mentres que o Coronary Primary Prevention Trial de 1984 demostrara que a redución dos niveis de colesterol reducía significativamente o risco de ataques ao corazón e anxina de peito, os médicos, incluídos os cardiólogos, aínda estaban pouco convencidos.<ref>Steinberg, Daniel. ''The Cholesterol Wars: The Skeptics vs. The Preponderance of Evidence''. Academic Press, 2007, pp. 6–9.</ref>