Contido eliminado Contido engadido
Piquito (conversa | contribucións)
Nova sección: →‎Propostas
Nova sección: →‎Re:Galicia/Galiza
Liña 149:
 
Ola Banjo. Pediríache por favor que esperes un pouco a propoñer artigos de calidade, hai dúas votacións abertas que non teñen o mínimo de votos a favor e acabas de abrir outra. Os usuarios necesitan tempo para revisar as propostas, certo que o Canon de Bayreuth pode revisarse rápido, pero os artigos que estás a propoñer son longos e requiren tempo se queremos que o nivel de calidade sexa alto. Entendo que todos queremos que saian todas as propostas para así ter máis artigos de qualidade, pero para iso precísase tempo, e non dar ese tempo pode facer que ao final os votos se disgreguen e non saian todos os artigos que poderían sair. Agora xa están propostos, pero pediríache que no futuro moderes un pouco as propostas e esperes a que haxa máis participación antes de poñer na cola de revisión dos usuarios tres artigos (dous deles moi extensos), ten en conta que os usuarios teñen os seus traballos particulares na Galipedia e tampouco os deben descoidar, por outra banda non todo o mundo conta con moito tempo para estas revisións, polo que hai que darlles tempo. Grazas de antemán. Un saúdo, --[[Usuario:Piquito|Piquito]] ([[Conversa usuario:Piquito|conversa]]) 27 de xaneiro de 2016 ás 08:31 (UTC)
 
== Re:Galicia/Galiza ==
 
Olá Banjo: Dacordo co que estás a dicir, o topónimo que hai que empregar entón é Galicia, xa que é o que comezou a usarse dende o principio. Un saúdo. --[[Usuario:Echando una mano|Echando una mano]] ([[Conversa usuario:Echando una mano|conversa]]) 27 de xaneiro de 2016 ás 09:31 (UTC)