Fundación Rosalía de Castro: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Xas (conversa | contribucións)
m →‎Creación: lig int
Sen resumo de edición
Liña 67:
 
A partir da década de 1970, grazas á apertura política, o Patronato baleirouse de todas as connotacións políticas nacionalistas, especialmente da de refuxio do [[galeguismo (política)|galeguismo]].
 
En 1975 un grupo de activistas culturais e escritores galegos por iniciativa do Presidente do Patronato, Agustín Sixto Seco, acordan espallar por vilas e cidades de Galicia o espírito da Casa-Museo de Rosalía, sendo en Vilagarcía de Arousa onde se inaugura esta primeira delegación baixo a presidencia do escritor e galeguista Manuel Trigo Díaz que convoca toda unha serie de actividades arredor da obra e figura de Rosalía convocando por vez primeira o Premio Medalla de Ouro do Patronato que se lle concede ese ano ao poeta galego Xavier Rodríguez Barrio.
 
Dous anos despois da inauguración da Casa-Museo esta foi declarada [[Monumento Histórico Artístico Nacional|Monumento Nacional]] por [[Xoán Carlos I de España|Xoán Carlos de Bordón]], naquel entón [[Príncipe de España]], acabando co perigo de que o trazado da [[AP-9]] pasase pola horta. Isto significaba que se protexería toda a súa contorna mais o certo é que non foi así, xa que a aldea quedou desfigurada e perdéronse as vistas a Padrón e ao [[río Sar]].