Vilachá, A Pobra do Brollón: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Sen resumo de edición
Sen resumo de edición
Liña 1:
'''San Mamede de Vilachá''' (ou ''San Mamede de Vilachá de Salvadur'') é unha parroquia da [[A Pobra do Brollón|Pobra do Brollón]] na [[provincia de Lugo]].

Linda con Liñares ó norte; Torbeo (Ribas do Sil) ó sur; Augasmestas e Quintá de Lor (Quiroga) ó leste e, con Rozavales e Vilamarín (Monforte) ó oeste.

Contaba con 139 habitantes no ano 1991 agrupados nas entidades de A Abelaira, A Eirexa, Trasmonte e Vilachá, sendo a densidade media, para o mesmo ano, de 11,7 hab./Km².
 
A igrexa de San Mamede de Vilachá foi construída no s. XVIII. A fachada ten unhas escaleiras exteriores para acceder ó campanario. A sancristía adosada ó presbiterio. Conta con retablos e esculturas no interior.