Capudre: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Elisardojm (conversa | contribucións)
minúscula
m Bot: Engado {{Control de autoridades}}; cambios estética
Liña 21:
O '''capudre''' ou '''cancereixo''' ('''''Sorbus aucuparia''''') é unha [[árbore]] de tamaño mediano da familia das [[Rosáceas]] que raramente pasa dos 15 metros, a súa distribución cobre toda [[Europa]], de [[Islandia]] a [[Rusia]] e a [[Península Ibérica]], tolerante ao frío pódese atopar en altitudes altas. Os seus froitos, semellantes a [[cereixa]]s, son doces e acedos a un tempo, cun alto contido en [[vitamina C]].
 
== Etimoloxía ==
A [[Real Academia Galega]] só recolle o nome de cancereixo. Porén noutros dicionarios recóllese o termo capudre, e variedades dialectais coma ''capudrio'', termo que parece derivar dunha raíz indoeuropea, posibelmente do [[celta]]: ''triu'', ''treow'' (árbore)<ref>[http://sli.uvigo.es/ddd/ddd_pescuda.php?pescuda=capudre&tipo_busca=lema]</ref>.
Nalgunhas zonas tamén recibe os nomes de canfreixo, escornabois e cornabude, pero hai que ter en conta que estes dous últimos son nomes comúns doutras especies.
 
== Descrición ==
[[Árbore|Arboriña]] [[caducifolio|caducifolia]] que acada os 15 m ou 20 m de altura. O [[Tronco (árbore)|toro]] é recto coa cortiza pardo cinsenta, gretada nos adultos. A copa é ampla de forma trasovada ou ovoide. As [[Xema (botánica)|xemas]] son moi aveludadas. As [[folla]]s dispóñense alternas ao longo das pólas, compostas e imparipinnadas, oblongas e de bordos serrados, presenta de 9 a 15 [[folíolo]]s, cunhas dimensións de 2,5 a 6 cm, até 9 cm. As [[inflorescencia]]s son hermafroditas e se producen en grandes corimbos terminais de 8 a 15 cm de diámetro con máis de 250 flores, cada unha derredor de 1 cm de diámetro con cinco [[pétalo]] branco-cremosos, que polinizan os insectos.<br>
O [[froito]], que chega entre setembro e outubro, é un [[Pomo (froito)|pomo]] miúdo de entre 4 a 8 [[mm]] de diámetro, carnoso e de forma globosa de cor alaranxada brillante ou vermello coral, moi semellante á [[sorba]] mais do talle dunha [[cereixa]]; fican deica o inverno na árbore. Porén, existen tamén algunhas variedades rosadas, amarelas e albas entre as especies asiáticas. O froito é doce e acedo ao mesmo tempo, cun alto contido en [[vitamina]] C. Ademais son moles e zumarentos o que os fai doada comida para os [[paxaro]]s, principalmente, o [[picoteiro]] (''[[Bombycilla garrulus]]'') e os [[merlo]]s (coma a especie asiática ''[[Turdus dissimilis]]''), que espallan posteriormente as sementes do cancereixo coas excrecións.
 
== Usos ==
Os froitos do cancereixo empregáronse para a elaboración de [[marmelada]]s para combater o [[escorbuto]], grazas ao seu contido en vitamina C, tres veces maior co das [[Laranxa (froita)|laranxalaranxas]]s. Asemade descubriuse no século XIX que contiñan o [[azucre]] [[sorbitol]], o que deu pé a súa obtención a partir de [[glicosa]] e a súa utilización na industria química para a fabricación de ácido ascórbico ([[vitamina C]]) ou coma humectante, [[estabilizante]] e [[adozante]] (E-420) en alimentos, [[cosmético]]s, produtos para [[Diabetes|diabéticos]] e [[goma de mascar]]. A partir da [[fermentación]] dos froitos prodúcese unha [[augardente]] que é a base do [[vodka]] dos países nórdicos.
 
A [[madeira]], de gran dureza serviu para a realización de pezas expostas a un forte rozamento coma puntas de [[muíño]]s ou [[Fuso (ferramenta)|fusofusos]]s. Hai séculos, noutras zonas de Europa incluso chegou a substituír ao [[teixo]] na fabricación de [[Arco (arma)|arcos]].
 
Tamén se emprega en [[Xardín|xardinaría]]. Nalgúns países as follas eran empregadas para curtir. En Galicia e Asturias a madeira empregouse desde tempos ancestrais para protexerse dos feitizos das meigas.
 
== Distribución ==
Esténdese por toda [[Europa]], dende [[Islandia]] até [[Rusia]] e a [[Península Ibérica]]. Atura ben o [[frío]] polo que adoita atoparse en altitude. En [[Galicia]] atópase nas montañas meridionais ([[Serra dos Ancares|Os Ancares]], [[O Courel]], [[Serra da Queixa]], [[O Invernadeiro]]...), sendo máis escaso nas serras setentrionais.
 
== Hábitat ==
Adoita aparecer illado nas [[carballeira]]s, [[Bidueiro|bidueirais]], [[Faia|faiais]] ou formando parte das [[Fraga (botánica)|fragas]] autóctonas europeas. Asóciase cos [[acivro]]s e [[bidueiro]]s. Normalmente medra nas abas frescas das montañas. Ascende até os 2000 m, preferindo os solos húmidos e con pouco cal.
== Ecoloxía ==
É unha especie de importancia vital no mantemento das poboacións de animais en inverno ao serviren os seus froitos de alimento aos [[oso]]s, [[raposo]]s e outros animais, especialmente as aves coma os [[paporrubio]]s, os [[tordo]]s ou as [[pega]]s.
 
Tamén é empregado o cancereixo coma sustento das [[larva]]s dunha ampla gama de especies de [[lepidópteros]].
 
== Taxonomía ==
Liña 71:
* ''Sorbus pohuashanensis var. amurensis'' (Koehne) Y.L.Chou & S.L.Tung
* ''Sorbus polaris'' Koehne<ref>[http://www.catalogueoflife.org/details/species/id/7208972 ''{{PAGENAME}}'' en Catalogue of life]</ref>
* ''Sorbus adsharica'' Gatsch.
* ''Sorbus bachmarensis'' Gatsch.
* ''Sorbus boissieri'' C.K. Schneid.
* ''Sorbus boissieri var. adsharica'' Sosn.
* ''Sorbus boissieri var. bachmarensis'' Sosn.
* ''Sorbus caucasigena'' Kom. ex Gatsch.<ref>[http://www.theplantlist.org/tpl/record/tro-27800192 ''{{PAGENAME}}'' en PlantList]/</ref>
|}
 
== Notas ==
{{listaref}}
 
== Bibliografía ==
# Cronquist, A. J., N. H. Holmgren & P. K. Holmgren. 1997. Vascular Plants of the Intermountain West, U.S.A., subclass Rosidae (except Fabales). 3A: 1–446. In A. J. Cronquist, A. H. Holmgren, N. H. Holmgren, J. L. Reveal & P. K. Holmgren (eds.) Intermount. Fl.. Hafner Pub. Co., New York.
# Gleason, H. A. 1968. The Choripetalous Dicotyledoneae. vol. 2. 655 pp. In H. A. Gleason Ill. Fl. N. U.S. (ed. 3). New York Botanical Garden, New York.
Liña 99:
{{wikispecies}}
{{commonscat}}
{{Control de autoridades}}
 
[[Categoría:Sorbus]]