Moreira (árbore): Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Nachonion (conversa | contribucións)
m Bot: Engado {{Control de autoridades}}; cambios estética
Liña 24:
 
== [[Especie]]s ==
A taxonomía de ''Morus'' é complexa e disputada. Dunhas 150 especies publicadas, só 10 a 16 se citan como aceptadas, xa que diferentes fontes citan ''diferentes'' seleccións de nomes aceptados. A clasificación é tamén complicada por ampla [[Híbrido (bioloxía)|hibridación]] , sendo os híbridos fértiles.
 
== [[Especie]]s xeralmente aceptadas ==
Liña 36:
* ''[[Morus rubra]]'' - [[moreira rubia]]; leste de América do Norte.
 
As especies a seguir, todas do leste e sur de Asia, son adicionalmente aceptadas por un ou máis taxónomos; [[Sinonimia (bioloxía)|sinonimia]] noutras listaxes ou estudos indícase entre parénteses:
[[Ficheiro:Morus-alba.jpg|300px|thumb|Amoras inmaturas de [[moreira branca]] (''Morus alba'').]]
* ''Morus atropurpurea''
Liña 63:
As amoras negras, vermellas e brancas son cosmopolitas e moi comúns na [[India]], o [[Paquistán]], [[Irán]], ou [[Afganistán]]. A [[árbore]] e maila froita coñécense en [[idioma persa]] coma ''toot'' (amora) ou ''shahtoot'' (amora rei ou superior). [[Marmelada]]s e [[sorbete]]s de amora son comúns nestas rexións. A amora negra levouse á Gran Bretaña no [[século XVII]] coa esperanza de a usar no cultivo do [[verme da seda]] ( ''Bombyx mori''). Foi moi usada en medicina folclórica, especialmente para tratar a [[tiña]].
 
As [[folla]]s da moreira, particularmente as da branca, son ecoloxicamente importantes pois son a única fonte de alimentación do verme da seda, cuxo [[casulo]] úsase para tirar a [[seda]]. Outras larvas de [[Lepidoptera]] tamén a usan como alimento: ''[[Hemithea aestivaria]]'', ''[[Mimas tiliae]]'' ou ''[[Acronicta aceris]]''.
 
As moreiras pódense reproducir de [[semente]], e frecuentemente a descendencia de semente é de mellor forma e sanidade. Porén a plantación por chantado é moi frecuente, botando raíces moi axiña.
 
== Antocianinas das amoras ==
 
As antocianinas son [[pigmento]]s comestíbeis, usados coma colorantes de alimentos naturais. Como a seguranza dos pigmentos sintéticos está en dúbida e coa demanda insatisfeita de colorantes naturais, o seu significado na industria alimentaria aumenta. Ditas antocianinas renden atractivas cores coma rubias e azuis. Ademais son hidrosolúbeis, polo que a súa incorporación en sistemas acuosos alimentarios é doada. Alén das propiedades colorantes, tamén posúen as pripiedades antioxidantes; antineoplásticas, protectoras de radiación, vasotónicas, vasoprotectoras, antiinflamatorias, protectoras do fígado.
 
Xueming Liu e coautores do ''Instituto de Investigación Sericultural'', da ''Academia de Ciencias Agrícolas de Guangdong'', na China, desenvolveron en 2004 un método barato e industrialmente posíbel de purificación de antocianinas das amoras, dando colorantes vermellos de alto valor colórico (por riba de 100). Atoparon que 31 cultivares chineses de amora testados rendiron un total de antocianinas de 147,68 mg a 2725,46 mg/L de zume de froita. A extracción e purificación foi feita usando [[etanol]] acidificado coma solvente efluente e unha resina macroporosa copolímera poliestirénica cruzada, como adsorbante. Os resultados indicaron que os [[azucre]]s totais, ácidos totais, vitaminas permanecieron intactos no zume residual despois de remexer as antocianinas, e que o zume residual fora fermentado para producir zume, viño e xarope. O contido de antocianinas depende do clima e é meirande en zonas asolladas.
 
O xénero ''Morus'' foi domesticado hai milleiros de anos, e a miúdo se realiza unha mellora xenética por heterose, principalmente para aumentar o rendemento das follas para alimento do verme da seda. Non se desbota unha mellora para producir máis e mellores [[baga]]s.
 
== Véxase tamén ==
• [[Amora]]s
Liña 92:
* [http://www.museums.org.za/bio/plants/moraceae/ Museo da Cidade do Cabo: Moraceae]
* Zhao Weiguo, Pan Yile, Zhang Zhifang Jia Shihai, Miao Xuexia & Huang Yongping. 2005. Filoxenia do xénero ''Morus''. ''African Journal of Biotechnology'' 4 (6): 563-569 [http://www.academicjournals.org/AJB/PDF/Pdf2005/Jun/Weiguo%20et%20al.pdf Online (pdf file)]
{{Control de autoridades}}
 
[[Categoría:Morus| ]]