Alforfa: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Miguelferig (conversa | contribucións)
m →‎Medicina: ligazóns
m Bot: Engado {{Control de autoridades}}; cambios estética
Liña 34:
 
== Usos ==
O uso desta planta nas actividades humanas é moi antigo, sábese que era unha das plantas empregadas polos [[Antigo Exipto|exipcios]] nos procesos de [[embalsamado]] (talvez polo seu peculiar aroma). Os usos desta planta foron moi diversos e pode dicirse que acompaña a humanidade desde os seus comezos. Un exemplo disto último pode encontrarse na interconexión do [[lingua árabe|árabe]] no que a alforfa exprésase mediante a palabra ''hulba'' mentres que no [[chinés mandarín]] a palabra é ''hu lu ba''.
=== Culinario ===
Debido ás calidades aromáticas da alforfa emprégase como [[especia]] na [[Gastronomía|cociña]] dalgúns países e no seu uso culinario tómanse tanto as [[follas]] como as [[semente]]s procedentes do seu froito en forma de vaiña e que adoita conter entre dez e vinte sementes, cun aspecto duro e cadrado.
 
As sementes na [[gastronomía da India]] tómanse desecadas enteiras e ás veces lixeiramente torradas para realzar o seu sabor, ou moídas, pero para iso hai que poñelas en remollo antes. O emprego das sementes enteiras son un dos ingredientes da halawa. As sementes hai que usalas con moderación xa que ten un lixeiro sabor amargo, non obstante se se torran, débese facer con precaución xa que se se pasan potenciase o amargor.
 
As follas verdes en [[Tailandia]] son tomadas crúas en ensaladas. No [[Iemen]] empréganse as follas como condimento principal no prato denominado [[saltah]]. A alforfa emprégase na cociña de [[Persia|Irán]] na receita do [[qormeh sabzi]].
 
=== Medicina ===
Na medicina tradicional asocióuselle a propiedade de facilitar a [[dixestión]], é ideal no tratamento de sinusites, conxestión pulmonar, reduce a inflamación e combate as infeccións (http://www.theepicentre.com/Spices/fenugree.html). A semente da alforfa úsase amplamente como galactogogo (axente produtor de leite) por nais lactantes. Asociouse tamén co incremento do tamaño de [[mama]]s. Pódese encontrar en presentación de cápsulas en tendas nutricionais (http://commons.wikimedia.org/wiki/Trigonella_foenum-graecum). Tamén incrementa o apetito e úsase no tratamento da anorexia, posúe tamén un efecto anabólico pola súa composición química, aumentando, a masa corporal, o apetito, a saúde mental e mellorar os ciclos de sono.
 
Os suplementos de alforfa demostraron reducir os niveis de [[colesterol]], [[triglicérido]]s e [[lipoproteína de baixa densidade|lipoproteínas de baixa densidade]] en persoas, así como en modelos experimentais de hipercolesterolemia e hipertrigliceridemia (Basch et al., 2003). Algunhas probas en humanos demomstraron que os efectos antidiabéticos das sementes de alforfa aminoran moitos dos síntomas asociados con diabetes tipo I e II, tanto en humanos como en modelos animais (Bash et as., 2003; Sinnivas, 2005). A alforfa encóntrase comercialmente en forma encapsulada e recoméndase como suplemento dietético para o control da hipercolesterolemia e diabetes na medicina alternativa.
Liña 54:
{{wikispecies|Trigonella foenum-graecum}}
=== Outros artigos ===
* [[Alfalfa]]
{{Control de autoridades}}
 
[[Categoría:Trigonella]]