Mostaza branca: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Breogan2008 (conversa | contribucións)
Sen resumo de edición
m Bot: Engado {{Control de autoridades}}; cambios estética
Liña 15:
 
[[Ficheiro:Sinapis alba 1.JPG|miniatura|Planta de mostaza branca.]]
A '''mostaza branca''' ('''''Sinapis alba''''') é unha planta anual da familia das [[Crucífera]]s. Ás veces é coñecida como ''Brassica alba'', ''Brassica hirta'' ou '''mostaza amarela'''. Cultívase comercialmente en practicamente todo o mundo polo interese das súas sementes para a industria alimentaria, mais probablemente é orixinaria da rexión mediterránea.
 
As flores amarelas da planta deste tipo de mostaza producen un tipo de vaíñas (''[[sílicua]]s'') veludas que conteñen as sementes, nas que atoparemos aproximadamente media ducia de grans por [[vaíña]]. A colleita da [[semente]] da mostaza faise xusto antes de que as vaíñas maduren por completo e abran. As [[semente]]s desta especie de mostaza son redondas e de consistencia dura, de en torno ó milímetro ou 2 mm. de diámetro, e dunha cor que pode ir do [[beige]] ou o [[amarelo]] ó [[marrón]] claro.
 
== Uso da planta ==
[[Ficheiro:Senf-2.jpg|miniatura|esquerda|200px|Mostaza branca moída.]]
=== Usos culinarios ===
As sementes da mostaza branca poden usarse enteiras para condimentar [[encurtido]]s e [[vinagreta]]s, ou tostadas para o seu uso en diferentes pratos. Con elas, prepárase o condimento que leva o mesmo nome xenérico da planta, a [[mostaza (condimento)]]. Unha vez están as sementes moídas e mesturadas con outros ingredientes, obtense unha pasta que pode ser usada tal cal (o que sería a mostaza ''"orixinal"''), ou incluso utilizala como base para outros [[condimento]]s menos finos (mostaza ''"industrial"'').
 
=== Outros usos ===
Á parte do uso gastronómico, a '''mostaza branca''' é tamén utilizada como planta forraxeira.
 
Tamén é usada en ocasións para sementala como ''captora de [[nitrato]]s'', é dicir, que se usa como cultivo de [[rotación de cultivos|barbeito]], evitando así deixar os campos nus, limitando a perda dos nitratos solubles. Nese caso, e sementada por exemplo despois dun cereal, ten que ser arrincada antes de que produza as sementes, para evitar a súa reprodución descontrolada. Porén, ás veces está considerada tamén unha mala herba, fundamentalmente nos cultivos de [[colza]].
 
== Propiedades ==
As sementes son ricas en [[lípido]]s (en torno ó 35%) e conteñen ''[[sinalbina]]'', que é o [[Glicósidos|tioglicósido]] responsable do seu gusto [[agre]] e lixeiramente [[picante]]. Delas extráese tamén un [[aceite]] para uso industrial e alimentario. Da '''mostaza branca''' tamén se obtén un [[aceite esencial]] volátil cuxo compoñente principal (o ''isociotianato'') é máis suave que o producido polas sementes da '''mostaza negra''' (''Brassica nigra''), o que lle confire tamén un aroma e sabor algo máis suaves.
 
== Véxase tamén ==
=== Outros artigos ===
* [[Mostaza (condimento)]]
{{Control de autoridades}}
 
[[Categoría:Sinapis]]