Leituga: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Breogan2008 (conversa | contribucións)
Sen resumo de edición
m Bot: Engado {{Control de autoridades}}; cambios estética
Liña 18:
A '''leituga''' ('''''Lactuca sativa''''') é unha planta anual, propia das rexións temperadas, que se cultiva para [[alimentación]]. Debido ás moitas variedades que existen, pódese consumir durante todo o ano. Normalmente tómase crúa, como ingrediente de [[ensalada]]s e outros pratos; certas variedades, de orixe [[China|chinesa]] sobre todo, posúen unha textura máis robusta e empréganse cocidas.
 
== Planta ==
A planta ten un [[talo]] curto, do cal nacen as [[folla]]s dispostas en roseta de cor verde máis ou menos intenso, segundo a variedade. Ao florecer, o talo alóngase e ramifica, producindo moitas cabezas [[flor]]ais parecidas ao [[dente de león]] (''Taraxacum officinale'') mais máis pequenas. Se a leituga se destina ao consumo humano, a colleita realízase antes da floración.
A mesma pertence á familia das crucíferas (Pola súa flor en forma de cruz) e destaca por ter os seus cotiledóns (Primeiras follas) en forma de bolboreta.
 
== Variedades ==
[[Ficheiro:Lalin. Corpino. Galiza 30.jpg|miniatura|esquerda|leituga no Corpiño. [[Lalín]]]]
[[FIcheiro:Lechuga de hoja de roble.jpg|thumb|right|Leituga de folla de carballo, en realidade a especie (''[[Chicorium intybus]]'').]]
Entre as variedades de leituga destacan as seguintes:
* '''Iceberg''': de rebentos apertados e densos, semellantes á [[col]]; carece case por completo de sabor, mais goza de amplo uso pola renxente textura e a facilidade para cortala finamente. É a variedade máis habitual nas rexións onde non se dá naturalmente a leituga, xa que pode cultivarse en [[tanque hidropónico|tanques hidropónicos]];
* '''Romana''': de rebento longo, con follas aproximadamente lanceoladas, menos grosas que as ''iceberg'', pero grosas e renxentes; as follas átanse para provocar o branqueado. En español coñécese co nome de ''oreja de mulo'';
* '''Francesa''': de rebento redondo, follas finas e textura manteigosa; ten un sabor delicado e intenso. Tamén se lle chama ''Boston'';
* '''Batavia''': similar á francesa, de rebento solto, follas rizas e textura manteigosa;
 
A chamada leituga ''folla de carballo'', de follas rizas e rebento solto, distintiva pola cor morada das súas follas, non é unha variedade de ''L. sativa'', senón unha especie á parte, ''[[Chicorium intybus]]''.
 
== Nutrición ==
A leituga ten moi pouco valor nutritivo, cun alto contido de auga (90-95%), é rica en [[antioxidante]]s, como a [[vitamina]] A, C, E, B1, B2 e B3, minerais: [[Fósforo (elemento)|fósforo]], [[ferro]], [[calcio]], [[potasio]] e [[aminoácido]]s. As follas exteriores máis verdes son as que teñen maior contido en vitamina C e ferro.
 
Liña 41:
{{Commons|lactuca sativa|leitugas}}
=== Outros artigos ===
* [[Leituga de mar]] (especie de alga)
{{Control de autoridades}}
 
[[Categoría:Lactuca]]