Traxedia de Le Mans de 1955: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Fendetestas (conversa | contribucións)
Fendetestas (conversa | contribucións)
Liña 13:
O espectacular accidente, que chegou a ser coñecido como a [[Traxedia de Le Mans de 1955]], é a maior traxedia na historia dos deportes de motor, morreron 84 espectadores e máis de 120 resultaron feridos. Cancelouse a seguinte rolda do Campionato Mundial de coches deportivos no circuíto de Nürburgring, así como a lendaria [[Carreira Panamericana]]. O accidente causou conmoción xeneralizada e prohibicións temporais das carreiras de automóbiles en varios países. A prohibición en Suíza non se levantou. a [[American Automobile Association]] deixou de patrocinar competicións deportivas de motor, xa que decidiu que as carreiras de autos distraia os seus obxectivos principais e formouse o [[United States Automobile Club]] para facerse cargo da organización de carreiras.<ref name="Bell"/><ref name="sportscardigest.com"/> Os equipos de carreiras de MG, Bristol, (logo de gañar o Grand Prix de 1955 e o Campionato de coches deportivos) e Mercedes-Benz, disolvéronse. O horror do accidente causou que algúns pilotos presentes, entre eles Phil Walters, Sherwood Johnston e John Fitch (logo de terminar a tempada con Mercedes-Benz), retiráranse da competición. Fitch foi sacado do seu retiro polo seu amigo Briggs Cunningham para axudar no proxecto de Chevrolet Corvette en Le Mans de 1960 e máis tarde traballou para desenvolver dispositivos de seguridade de tráfico, incluíndo os "barris Fitch" cheos de auga. Menos de tres meses despois, Lance Macklin decidiu retirarse logo de verse involucrado nun accidente mortal dobre durante a carreira [[Tourist Trophy Races|Tourist Trophy]] en [[Dundrod]].
Moitos recriminaron directamente a Hawthorn en base a rumores de que cortara de súpeto diante de Macklin e freara preto da entrada a boxes, obrigando a Macklin a facer unha acción evasiva no camiño de Levegh, que se converteu no pronunciamento semi oficial do equipo Mercedes e a historia de Macklin.<ref name=Skilleter /> O equipo Jaguar á súa vez cuestionaron a idoneidade e competencia de Macklin e Levegh. Os primeiros informes dos medios foron moi impreciso, como o demostra a posterior análise da evidencia fotográfica realizada polo editor de [[Road & Track]] (e segundo clasificado en 1955) [[Paul Frere]], en 1975.<ref name= Skilleter>{{cite web|url=http://www.mike-hawthorn.org.uk/lemans.php|title=Paul Skilleter, Le Mans}}</ref> Detalles adicionais xurdiron cando os fotogramas revisados por Frere convertéronse en formato de vídeo. O Automobile Club l'Ouest (ACO) levou a cabo unha investigación e chegou á conclusión de que a causa principal do accidente foron as condicións inseguras preto da entrada á recta de boxes. [[Tony Rolt]] e outros pilotos protestaban pola seguridade da recta de boxes desde 1953.
 
Antes do evento de 1956, o ACO ampliou a recta de boxes, aumentando a separación entre a estrada e os espectadores, e revisou outros tramos perigosos da pista. A tecnoloxía e as prácticas de seguridade de pista evolucionaron lentamente ata que o piloto de [[Fórmula 1]] [[Jackie Stewart]] organizou unha campaña para avogar por unha maior seguridade 10 anos máis tarde. A campaña de Stewart gañou impulso logo da morte de [[Lorenzo Bandini]] e [[Jim Clark]].