Supercontinente: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Servando2 (conversa | contribucións)
m Bot: Engado {{Control de autoridades}}; cambios estética
Liña 3:
'''Supercontinente''' é a denominación empregada en [[xeoloxía]] para aquelas masas terrestres que consisten en dúas ou máis [[cratón]]s ou núcleos de continentes. Comunmente asóciase a [[Panxea]] con este termo, ou aos outros dous grupos de terras emerxidas da súa división ([[Gondwana]] e [[Laurasia]]), aínda que a listaxe de supercontinentes pasados, presentes e futuros é máis extensa.
 
== Efectos xeolóxicos ==
Os supercontinentes bloquean a saída da calor interna da [[Terra|terra]], o cal produce un sobrequecemento da [[astenosfera]]. Eventualmente, isto produce fisuras na [[litosfera]] a través das cales emerxerá [[magma]] que empurrará aos bloques, afastándoos. Non está aínda claro se os continentes vólvense a xuntar de modo accidental logo de trasladarse polo planeta (ver [[Deriva continental]]) ou se se separan e volven unirse logo nun movemento [[Acordeón|acordeónico]].
 
== Supercontinentes parciais ==
Os que abranguen unha cantidade considerable (xeralmente, entre un cuarto e un medio) das terras emerxidas, en orde cronolóxica.
* '''[[Nena(supercontinente)|Nena]]''' (hai uns 1.800 millóns de anos).
* '''[[Atlántica (supercontinente)|Atlántica]]''' (hai uns 1.800 millóns de anos).
* '''[[Euramérica]]''' (hai uns 400 millóns de anos).
* [[Gondwana]] (hai uns 200 millóns de anos).
* [[Laurasia]] (hai uns 200 millóns de anos).
* [[Eurafrasia]] (actual; ás veces considérase a unha agrupación menor, [[Eurasia]], que inclúe a [[Europa]] e a [[Asia]]; pero dende un punto de vista xeolóxico non é un supercontinente).
* [[América]] (actual).
 
 
=== Lista de supercontinentes maiores ===
(os que abarcaron a totalidade ou a maior parte das terras emerxidas, en orde cronolóxica)
 
* '''[[Vaalbará]]''' (xorde hai aproximadamente 4.000 millóns de anos. É o primeiro supercontinente teorizado da terra).
* '''[[Ur (supercontinente)|Ur]]''' (xorde hai aproximadamente 3.000 millóns de anos. Aínda que non comprendía o tamaño dos supercontinentes posteriores).
* [[Kenorland]] (xorde hai 2.500 millóns de anos, divídese hai 2.100 millóns de anos).
* '''[[Columbia (supercontinente)|Columbia]]''' (xorde hai 1.800 millóns de anos, divídese hai 1.500 millóns de anos).
* [[Rodinia]] (xorde hai 1.100 millóns de anos, divídese hai 750 millóns de anos).
* [[Pannotia]] (xorde hai 600 millóns de anos, divídese hai 540 millóns de anos).
* [[Panxea]] (xorde hai 300 millóns de anos, divídese hai 200 millóns de anos).
* '''[[Panxea Última]]''' ou [[Amasia]] (formarase dentro de 250 millóns de anos).
 
== Véxase tamén ==
=== Outros artigos ===
* [[Tectónica de placas]]
{{Control de autoridades}}
 
[[Categoría:Supercontinentes|Supercontinentes]]