Neurona: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
mSen resumo de edición
mSen resumo de edición
Liña 41:
* As '''[[dendrita]]s''' dunha neurona son extensións celulares con moitas ramificacións, e o seu conxunto denomínase árbore dendrítica. Aquí é onde a neurona recibe a maior parte dos sinais.
 
* O '''[[axón]]''' é unha fina proxección con forma de cable cunha lonxitude que pode ser decenas, centos ou decenas de miles de veces maior ca diámetro do soma. O axón transporta os sinais nerviosos fóra do soma (pero tamén leva certo tipo de información na dirección contraria). Moitas neuronas teñen só un axón, pero este axón con frecuencia está moi ramificado, permitindo a comunicación con moitas células distintas. A parte do axón onde este emerxe do soma denomínase protuberancia do axón ou cono axónico. Ademais de ser unha estrutura anatómica, esta protuberancia é tamén a parte da neurona que ten a maior densidade de [[canles de sodio de apertura dependente de voltaxe]]. Isto fai que sexa a parte máis doadamente excitable da neurona e a zona onde se orixina o potencial inicial do impulso no axón: en termos electrofisioloxicoselectrofisiolóxicos ten o limiar do potencial de acción máis negativo. De modo que, se ben o axón e a protuberancia do axón están xeralmente implicados na transmisión de información a outras células, estas rexións poden tamén recibir impulsos doutras neuronas.
 
* O [[terminal do axón]] contén as sinapses, estruturas especializadas nas que se liberan os [[neurotransmisor]]es químicos para comunicarse coas neuronas diana.