Neurona: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Banjo (conversa | contribucións)
refs
mSen resumo de edición
Liña 5:
 
== Xeneralidades ==
A neurona é un tipo especial de célula atopada no corpo dos animais concoa excepción das esponxas. As características que definen unha neurona son a excitabilidade eléctrica e a presenza de sinapses, que son complexas unións de membrana que transmiten sinais dunha célula á seguinte. As neuronas do corpo, xunto coas [[célula da glía|células da glía]] que lles dan soporte estrutural e metabólico, constitúen o [[sistema nervioso]]. Nos vertebrados a maioría das neuronas forman parte do [[sistema nervioso central]], pero hai outras que están situadas nos [[ganglio]]s periféricos, e moitas neuronas sensoriais están situadas nos órganos dos sentidos, como a [[retina]] ou a [[cóclea]] do [[Oído interno|oído]], por exemplo.
 
As neuronas son moi diversas e sempre hai excepcións a case calquera xeneralización, pero é conveniente empezar facendo unha descrición xeral da estrutura e función dunha neurona típica. Unha neurona típica está dividida en tres partes: soma ou corpo celular, dendritas, e axón. O soma é normalmente compacto; o axón e as dendritas son filamentos que se estenden desde o soma. As dendritas ramifícanse profusamente, facéndose máis delgadas en cada ramificación, e chegan coas últimas ramificacións a varios centros de [[micrómetro|microns]] do soma. O axón parte do soma desde un avultamento chamado protuberancia do axón ou cono axónico, e pode estenderse a grande distancia, dando lugar ao final a centos de ramificacións, aínda que xeralmente mantén o seu diámetro durante toda a súa extensión. O soma pode orixinar numerosas dendritas, pero nunca máis dun axón. Os sinais sinápticos que chegan das outras neuronas recíbense no soma e dendritas; e os sinais que se envían a outras neuronas saen polo axón. Unha sinapse típica é o contacto entre o axón dunha neurona e unha dendrita ou o soma doutra. Os sinais sinápticos poden ser excitatorios ou inhibitorios. Se a excitación neta recibida por unha neurona é o suficientemente intensa durante un curto período de tempo, a neurona xera un breve pulso eléctrico chamado potencial de acción, o cal se orixina no soma e se propaga rapidamente ao longo do axón, activando sinapses con outras neuronas a medida que se despraza.