Estrela binaria espectroscópica: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Addbot (conversa | contribucións)
m Bot: Retiro 1 ligazóns interlingüísticas, proporcionadas agora polo Wikidata en d:q5846474
m Bot: Engado {{Control de autoridades}}; cambios estética
Liña 1:
Unha '''binaria espectroscópica''' é unha [[estrela binaria]] onde as dúas compoñentes están tan próximas entre si, ou tan afastadas da [[Terra]], que non poden ser separadas visualmente, nin sequera utilizando poderosos [[telescopio]]s. Porén, a súa natureza binaria pode establecerse grazas ó [[efecto Doppler|desprazamento Doppler]] das súas [[liña espectral|liñas espectrais]].
 
Ó xirar sobre o [[centro de masas]] común, a estrela sucesivamente aproxímase e arrédase da liña de visión. Este movemento xera na [[espectroscopia astronómica|espectro]] combinado das dúas estrelas unha [[oscilación]] regular ou desdobramento das súas liñas espectrais. As binarias espectroscópicas con liñas dobres presentan dous conxuntos de liñas que oscilan con [[fase (onda)|fasefases]]s opostas, cada un correspondente a unha estrela, este tipo de binarias espectroscópicas adoitan ser denominadas "SB2". As binarias espectroscópicas cunha soa serie de liñas amosan a oscilación dun único grupo de liñas, o espectro córrese cara ó azul e despois cara ó vermello (e volta a comezar nun bucle infinito), isto é debido a que a estrela secundaria é moi feble respecto á principal, este tipo de binarias espectroscópicas adoitan ser denominadas "SB1".
 
As estrelas binarias que sexan visuais e espectroscópicas son moi escasas, e son unha fonte inestimable de información cando son atopadas. As binarias visuais teñen moi a miúdo grandes separacións entre si, con períodos medidos dende anos até incluso séculos; por conseguinte, teñen velocidades orbitais moi pequenas para seren medidas espectroscopicamente. E viceversa, as binarias espectroscópicas que se moven rápido dentro das súas orbitas, fano por que están moi preto entre si, normalmente moi pechadas para seren detectadas coma binarias visuais. Para que unha binarias sexa visual e espectroscópica debe estar relativamente preto da Terra.
Liña 31:
|}
 
== Véxase tamén ==
* [[Estrela binaria]].
* [[Espectroscopia astronómica]].
 
== Notas ==
* [http://www.daviddarling.info/encyclopedia/S/specbinary.html The internet Encyclopedia of Science] {{en}}
{{Control de autoridades}}
 
[[Categoría:Estrelas binarias]]